50 clásico para 50 anos

O Cineclube Padre Feijoo celebra o seu 50 aniversario cun encontro de históricos e unha programación coas mellores películas da historia do cine.

O encontro terá lugar os días 18 e 19, este venres e sábado. No mesmo presentarase unha programación que se estenderase do 22 de setembro ao 22 de decembro, e na que poderase ver 50 dos mellores filmes de todos os tempos.

Malia que a idea inicial era convidar os cineclubs de España e Portugal, as circunstancias e a prudencia aconsellan unha celebración máis austera. Así, as actividades darán comezo o venres 19 coa proxección de ‘Nueve cartas a Berta’, de Basilio Martín Patino, película coa que se iniciou a aventura do Cineclube Padre Feijóo a principios do curso 1970-71, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome.

O sábado 19 celebrarase un Encontro no que se homenaxeará os integrantes das directivas ao longo da súa historia, e no que tamén estarán presentes representantes dos cineclubes de Galicia, asociados baixo a Feciga. José Paz, Segismundo Bobillo, David Cortón, Maribel Outeiriño, Alfonso Sánchez Izquierdo, Xosé Lois Carrión, María Teresa Ansias, Pura Veiga, Henrique Torreiro, Luís Álvarez Pousa ou César Silva son algúns dos convidados a esta homenaxe. Todos eles herdeiros dunha tradición cineclubista na cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense -de efémera vida, nado no verán de 1960 e fenecido pouco despois- e Miño -posto en marcha ao pouco de pechar o anterior, e aberto ata 1964-. Á festa de homenaxe tamén acudirá Anxo Manuel Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Cincuenta anos, cincuenta películas
No acto presentaranse tamén as actividades conmemorativas, que comezarán a partir do vindeiro martes 22 de setembro até o 22 decembro, sen apenas descanso e co ánimo de festexar medio século de existencia diante das adversidades. Nesa programación figuran, ao xuízo do Cineclube Padre Feijoo, as cincuenta mellores películas da historia do cine.

Cambio de imaxe
A ocasión servirá tamén para mudar a imaxe do CCPF. O deseño corre a cargo de Leo Sousa, autor igualmente do cartel do “Encontro de cineclubes” e do propio logotipo do 50 aniversario.

COVID-19
Invocamos unha atención ás estritas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas) así como o prego de observar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo Cineclube Padre feijoo aquí.

Programa do encontro
Unha parte das actividades do encontro será de acceso limitado polas restricións de aforo derivadas do protocolo de seguridade diante do COVID19. Esta é a programación aberta.

Venres 18 de setembro
21.00 horas. Casa da Cultura
Nueve cartas a Berta, de Basilio Martín Patino (España, 1966)
Unha das películas que inaugurou o ‘novo cinema español’. Lorenzo, un estudante salmantino que vén de pasar un verán en Inglaterra e onde coñece a Berta, filla dun exiliado, regresa a España, onde volve atopar o ambiente tradicional, a familia e a súa antiga moza. Con Emilio Gutiérrez Caba, Elsa Baeza, Montserrat Blanch, Mary Carrillo…
Primeira película proxectada no Cineclube Padre Feijoo
De balde. Prioridade socios/as do CCPF. Aforo máximo: 40 persoas.

Sábado 19 de setembro

12.00 horas, Casa da Cultura.
Presentación da Xornada.
Asiste: Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Asisten: 12 cineclubeiros que formaron parte das directivas ao longo destes 50 anos.
Benvida e proxección do vídeo conmemorativo.
Entrega de agasallos.
Foto de familia

14.00 horas. Liceo de Ourense. Xantar

16.30 horas. Tertulia cos cineclubistas históricos.

18.00 horas. Casa da Cultura.
Talking about trees, de Suhaib Gasmelbari (Sudán, 2019)
No intento por revivir un vello cine en Sudán, catro amigos atopan unha resistencia insuperable. Documental, 97′. VOSpt
De balde. Prioridade socios/as do CCPF. Aforo máximo: 40 persoas.