No CEIP Princesa de España.

Comeza en Verín o servicio de conciliación “Érguete”

O servizo “ÉRGUETE” do Concello de Verín, que se oferta dende este 1 de outubro, desenrolarase dende inicio de curso escolar ata o remate do mesmo no mes de xuño no CEIP Princesa de España de Verín.
É un programa de conciliación que ten por finalidade que os menores estean atendidos por coidadores profesionais no espazo temporal que transcorre dende que as nais e os pais comezan a súa xornada laboral, ata o comezo do horario escolar por parte dos menores.

Devandita iniciativa persigue a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias dos nenos e nenas adscritos a este centro educativo, xa quen en moitos casos non poderían acudir o seu posto de traballo o non ter outro recurso que poidan cubrir dita necesidade.

Interesados
As persoas interesadas en inscribirse neste servicio poden facelo na conserxería da Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11 Bis, Verín).
Máis información: 988414776educadorafamiliar@verin.gal