O Concello editao para os máis cativos.

Un mapa para descubrir Allariz

Allariz pequenos exploradores, unha forma divertida de coñecer a historia. Turismo cultural e divertido, isto é o que pretende a área de Turismo do Concello de Allariz co lanzamento dun pequeno mapa de pistas para as crianzas que visitan a localidade.

As veces as visitas culturais familiares vólvense un pouco pesadas para os nenos e as nenas. O que pretende este mapa é ser unha guía activa que faga que interactuen co patrimonio ao mesmo tempo que aprenden e gozan da visita cultural dunha forma atractiva.

O Concello lanza este itinerario turístico para coñecer os segredos de Allariz mediante a resolución de pequenas preguntas ca axuda de pistas, e se son quen de resolver todas as cuestións, na Oficina de Turismo de Allariz poderán solicitar o seu diploma de Guía Oficial de Allariz personalizado.

María López, Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo de Allariz explicaba que “a idea ca que naceu este proxecto, foi a de crear un produto turístico, educativo e cultural que mostre unha visión da historia de Allariz e os seus feitos máis importantes”.

As ilustracións do percorrido e do diploma corren a cargo de Daniel Jiménez Macias, alumno do Grao Superior de Ilustración da EASD Antonio Faílde de Ourense, que colaborou co Concello logo dunha proposta da administración local ao Centro Educativo para este fin. Daniel chegou a ilustración dunha forma casual aínda que, como di el, sempre debuxou. Para el é unha forma marabillosa de expresarse e logo de formarse en Ourense comezou a debuxar profesionalmente.
O ilustrador representou os puntos máis característicos dunha forma atractiva e divertida, para que as crianzas que se acheguen a Allariz, coñezan gran parte do patrimonio cultural e histórico.

SOURCE: Mapa de Allariz