Celébrase na cancha O Pompeo do 23 ao 25 de abril.

Presentación da fase de ascenso Superliga 2 de voleibol

Presentouse de maneira oficial a fase de ascenso da Superliga 2 de voleibol, que se celebrará na cancha O Pompeo do IES Instituto Otero Pedrayo. A loita polo ascenso dirimirase desde este venres 23 e ata o domingo 25, e estarán en liza seis equipos entre os que se atopa o Aceites Abril -anfitrión do evento-.

Grupo A
O conxunto ourensán (encadrado no grupo A) debutará o venres 23 ás 19 horas fronte o CV Pacense. Ao día seguinte (sábado 24) medirase ao Sabadell a partir das 11h.
As semifinais darán comezo ese mesmo sábado a partir das 18.30 horas. A final está prevista para as 12.30 horas do domingo 25 de abril.

No grupo B enfrontaranse os equipos: CV Oviedo, CV San Cugat e os CV Albolote (Selecta). Neste caso o Oviedo é o único que quedou primeiro durante a liga regular no seu grupo (por diante do CV Voleibol) e parte cunha certa vantaxe que terá que facer valer dentro da pista.

Os dous primeiros clasificados de cada grupo disputarán as semifinais e as dúas prazas de ascenso.

SOURCE: Fase ascenso voleibol