Novo número de Barrios na rúa.

Barrios 146

A portada deste número trae as novas normas decretadas pòa, Covid 19, nas que a máis destacada é a ampliación de número de persoas non convivintes que se poden reunir ao aire libre, que pasa agora a ser un máximo de 15.
Tamén traemos o calendario da Eurocopa que se está a xogar nestas datas. A vacinación segue a bo ritmo e esta semana continúan as inoculacións entre as persoas de 40 a 49 anos.

Non superada a cuestión de confianza, agora hai un prazo dun mes para que a oposición conte cun alcalde alternativo; de non darse esta circunstancia quedará desbloqueada a modificación de crédito de 62 millóns de euros para acometer diversos proxectos en Ourense. Unha tormenta explosiva sacodiu Ourene durante uns minutos, deixando moitos destrozos.

O aparcadoiro da intermodal estará listo para xullo; conta con 300 prazas soterradas. Novo parque na Carballeira; trátase dun espazo infantil
multixogo. A Concellería de Igualdade organiza o «Espazo Coeduca»; en xullo e agosto para escolares de 6 a 12 anos. A residencia de alumnos non universitarios, CRD Ourense, oferta preto de 200 prazas. O OUFF homenaxea ao cineasta Berlanga; acollerá unha exposición e proxectará unha película do cineasta. Reunión entre Concello e Expourense para tender pontes.

En Xinzo, as feiras da pataca e a de maquinaria agrícola únense; terá lugar os días 3, 4 e 5 de setembro. Unha vintena de actividades deportivas, a maioría ao aire libre, ofrece o Concello de Xinzo para este verán. Charlas na Escola Rural de Saúde da Limia sobre o enfermo crónico e os riscos de morte centrado no rural. As obras na Casa Rectoral coas que incluir o inmoble dentro do Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia. CHMS e Concello celebran o Día do Medio Ambiente; os escolares reciben un carné que os identifica como coidadores oficiais dos ríos. O casco vello, en obras; substitúense e repáranse 800 lousas.

En Celanova, o pleno aproba axudas vinculadas á Covid-19; tamén deron vía libre a dúas modificacións de crédito. A Xunta fará melloras no parque empresarial. Terra de Celanova – Serra do Xurés presenta en Fitur un geochaching.

En Allariz, a Casa da Mocidade reactiva o verán en con actividades ata finais de setembro; ademais estrea Aula do Saber e novo estudo de gravación. O Festival de Xardíns de Allariz contou coa visita de preto de 4.000 persoas en 15 días. Allariz abre o prazo para presentación de solicitudes do Concilia Verán 2021.

En deportes, o descenso é cousa de Barco ou UD Ourense; decidirase que conxunto ourensán abandona Terceira na última xornada. O Cidade despídese de Primeira división de fútbol sala. O Sala Ourense deberá agardar para selar a permanencia. O kungu brilla en Ourense coa celebración do galego nas modalidades de forma.

Provincia, artigos, humor e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 146