O quinto número da publicación.

«Nós, Xente do redor», presentouse no Ribeiro

A revista «Nós, Xente do redor», presentou o seu quinto número en terras do Ribeiro. Foi na súa capital, Ribadavia, cando o domingo, 17 de outubro, presentouse esta publicación cultural ante a presenza dunhas 80 persoas. Neste novo número incorporáronse novos autores á longa nómina de colaboradores habituais destacando a ilustración da portada realizada polo recoñecido pintor ourensan Antón Pulido.

O acto foi presentado por Marina Sanchez, artista polifacética e colaboradora da revista, nun acto de emocións encontradas, dalgunhas bágoas, de sorrisos, de sentimentos e de ledicia de todos os alí presentes, adobiado coas actuacions músicais dos acordeonistas Juan Ruibal e Maximino Míguez, e da marabillosa voz de Antonio Barros que fixeron participar a todos os presentes, con palmas, acompañamento musical, facendo percusión co que cadaquén tiña a man e ata cantando e facendo os coros.

Foi unha gran posta en escena na Igrexa da Santa María Magdalena do século XVIII, unha xoia da monumental Ribadavia, no corazón do Barrio Xudeo, cunha excelente acústica de Templo Sagrado, que envolveu coa súa maxia, coma unha promesa da expansión da Revista a nivel de Ourense, de Galicia, de España e máis alá das nosas fronteiras, alcanzando a todos os galegos espallados polo mundo.
O acto contou ca presenza de numerosas autoridades como a alcadesa de Ribadavia Noelia Rodríguez; a Jefa Territorial de cultura, Judith Fernández; exercendo de mestre de cerimonias, Juan Manuel Casares Gandara, presidente da C.R.D.O Ribeiro colaborador da revista, que xunto co director, Avelino Jácome e Miguel Ángel Martínez Coello fixeron entrega dun par de exemplares e unha lamina coa reproduccion da portada a cada un dos autores presentes.

Tamén participou no acto Sonia Couso que no nome da Ruta do Viño do Ribeiro, patrocinadores da revista e anfitrións do evento que amablemente, nos deleitaron cunha cata do seu viño branco, ben fresquiño, de moi bo paladar en boca e un moi bo aroma, que refrescaba as gorxas resecas de todos os participantes nesta edición da revista e do publico asistente.
A xornada rematou cun xantar de fraternidade no restaurante Arnoia Caldaria Hotel, unha auténtica obra de arte en cada un dos seus pratos, cunha mezcla de texturas e de sabores orixinais, misturados grandiosamente, cunha explosión de pracer de sabor, de cores, de arquitectura e de arte en cada un dos seus pratos.

Avelino Jácome

SOURCE: Nós, Xente do redor