Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 156

O AVE é o tema central deste número. Autoridade inauguraron a liña de alta velocidade que une Madrid con Ourense. A mesma estará operativa a partir do 21 de decembro.
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres entrevistamos a Alida Iglesias, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense.

A propagación da covid-19 volve preocupar ás autoridades e comezan as novas restricións que, polo momento, non son moi severas. Na cidade de Ourense superan os 450 positivos (máis de 800 na provincia).
O Centro Comercial Ponte Vella instala a pista de xeo que estará aberta ata o 9 de xaneiro.
Volve o Lapis solidario para recaudar fondos para convertilos en xoguetes e repartilos entre os máis desfavorecidos.
O Concello de Ourense organiza o Concurso de Escaparates de Nadal.

O Concello de Barbadás recolle xoguetes para os máis vulnerables, ata o día 3 de decembro se poden deixar no pavillón da Valenzá. O 2 de decembro o concello organiza unha masterclass de emprego.

Verín aproba unha operación de crédito de 2,6 millóns de euros. En xaneiro, a biblioteca retomas as Xornadas de Novela Negra. A DO Monterrei promocionouse en Ribadeo. Amplíanse os columbarios no cemiterio e contruirase un camposanto novo.

O COB non coñece a derrota na LEB Prata. Esta fin de semana Expourense acolle o Campionato de España de atletismo máster de pista cuberta. Podes ver a galería de imaxes da San Martiño que deixou a Alejandro Fernández como vencedor da proba.

Provincia, humor, artigos e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 156