Realizarase no Pavillón de Deportes dende o día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro.

A Ludoteca de Verín abre o prazo de inscrición

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do servizo de ludoteca “Ludonadal”, actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e destinada e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

O ‘Ludonadal’ realizarase no Pavillón de Deportes dende o día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro; de luns a venres, de mañá e tarde, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O prezo por utilizar este servizo completo (durante todos os días e horas) é de 50 euros. Se só se acude de mañá ou tarde, o prezo do servizo será de 30 euros. Tamén se poderá abonar o servizo por cada día utilizado, tendo un custo de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

O servizo de Ludonadal realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade vixentes ditadas polas autoridades sanitarias coa finalidade de minimizar o risco de contaxio por Covid-19.

No marco do ‘Ludonadal’ terán lugar actividades variadas tales como: obradoiros para decoración de nadal (renos, pino, bonecos de neve, bolas de nadal, anxos, figuras dos reis…), elaboración dun agasallo para o amigo invisible, xogos de mesa tradicionais (parchís, oca, cartas, xogo da ra…), obradoiro de instrumentos de nadal (tambor, pandeireta, castañolas, maracas…), gran xogo do elfo prisioneiro, contos de Nadal, educando pola igualdade, Día dos Santiños Inocentes, festas prenoitevella e cotillón de noitevella, xincana San Silvestre, xogos inchables, chegada da paxe real para recoller as cartas para as súas maxestades, karaoke, e moitas máis…

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988 414 776.

SOURCE: Ludoteca Nadal Verín