Publicado o novo número de Barrios.

Barrios 159

Nesta ocasión a portada trae a residencia de maiores que construirá a Fundación Amancio Ortega. Por fin, o Concello dará vía libre a que se ubique na parcela da antiga estación de autobuses, no barrio do Pino.
En canto ao Covid19, nestes días son chamados os menores de 12 anos a inocularse a segunda dose. Regresa a Ourense o desfile do Entroido. Celanova homenaxea a Pepe Velo.

A hostalaría recupera o horario prepandémico e as máscaras xa non son obrigatorias en exteriores, agás cando non se poida manter a distancia de seguridade.

Comezan os traballos de reconstrución das Pozas de Maimón, abandonadas desde 2015. A Xunta instala dous niños de cegoña en Ourense. CHMS e Concello de Ourense firman un convenio para o saneamento de Velle. A Subdelegación do Goberno recibe aos novos alumnos en prácticas. A Concellería de Educación inicia unha actividade para o fomento da lectura.

En Allariz, regresa o ciclo «Petiscos musicais». O concello abre o período de pago do imposto de circulación e taxa do lixo. Humana Fundación Pueblo a Pueblo recolleu máis de 18 toneladas de roupa usada.

O BNG de Celanova quere un debate sobre a reordenación do tráfico. Previsel e Funergal regresan ao cartel expositivo de Expourense. O CIM de Santa Águeda atendeu o ano pasado 100 consultas e prestou atención a 35 mulleres vítimas de violencia de xénero.
A Xunta anima a acollerse ás axudas para a mellora enerxética de inmobles. O saneamento do Barbaña estará licitado este ano.

En deportes, a UD Ourense está clasificada para a promoción de ascenso á 3ªRFEF. O COB vence con solvencia a un mermado Algeciras. O CH Barrocás disputará a superfinal do Campionato de España de hoquei sala.

Artigos, clasificados, humor e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 159