Barrios 164

Na portada sacamos o fín á folga no transporte urbano despois de nove días; comité e empresa, coa intermediación do alcalde de Ourense, Pérez Jácome, chegaron a un acordo.
Celanova recupera en Vilanova dos Infantes a romaría Raigame para conmemorar o Día das Letras Galegas o 17 de maio. E en Allariz tamén regresa este ano a Festa do Boi (do 11 a o 19 de xuño. E o COB xógase ante Navarra o ascenso á LEB Ouro, o partido de volta será no Pazo o sábado 21, ás 19 horas.

Toda a provincia vólcase co Día das Letras Galegas que este ano están adicadas ao escritor de Vilamartín de Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán.
O Goberno central presenta aos alcaldes de Ourense o Plan Estatal de Vivenda. O PSOE critica á Xunta pola paralización das obras do CAPD. O CHUO contará cun novo molle de carga; xa deron comezo as obras.
A Xunta adquire catro vivendas no casco histórico de Ourense e anima aos propietarios a acollerse ao Programa Rexurbe. O Botánico de Montealegre organiza actividades para rapaces de entre 4 e 12 anos durante os meses de maio e xuño. O Concello incorpora a 13 técnicos de administración xeral para axilizar os servizos á cidadanía.

Remataron as obras na Casa Consistorial de Allariz para facela máis accesible. O Concello cambia a luces LED en varios puntos do concello. O 29 de maio celébrase a 23ª edición da andaina de Allariz.

Esta fin de semana reuniranse en Celanova amantes da micoloxía, que realizarán varias actividades como unha saída polo camiño de San Rosendo.
A campaña promovida polo artista Baldomero Moreiras recada 1.300 euros para Cruz Vermella que os investirá nos refuxiados ucraínos. Unha mostra que reúne facsímiles de Castelao está exposta na Casa dos Poetas.

Barbadás reforma a zona de xogo da Escola Infantil con fondos propios. O concello avanza no Plan de Igualdade. Ademais, abre o prazo de presentación do Certame Literario de Piñor de narración breve.

O Arenteiro logra a permanencia na 2ªRFEF; pola súa banda, o Ourense CF está a unha eliminatoria de ascender a esa categoría. Mentres a UD Ourense está preto de ascender á 3ª RFEF. Este domingo, 15 de maio, Barbadás acolle o seu Castro Trail. O Burela converteuse no vencedor da Copa da Raíña disputada no Paco Paz de Ourense.

Ocio, provincia, humor, opinión, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha