Do 1 ao 3 de xullo.

A Rosario Dueñas acolle o galego absoluto e júnior de natación

“Ourense, unha vez máis, será o centro da natación galega, con máis de 20 competicións no que vai de tempada. Esta fin de semana será o campionato por excelencia, con máis de 400 participantes de 23 clubes de toda Galicia”, explicou Mario Guede.

A piscina Rosario Dueñas acollerá esta fin de semana (os días 1, 2 e 3 de xullo) a proba raíña da natación galega: o campionato absoluto e júnior.

Na presentación interviñeron o concelleiro de Deportes e presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede; o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño; o xefe territorial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez, e o presidente do Club Natación Pavillón, Santiago Escudero.

SOURCE: Campionato Galicia natación