Na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 174

A portada deste novo número trae o Samaín/Halloween que ten preparado o Concello de Ourense para este 31 de outubro e que chega co lema «Non esperes a morrer para coñecer o inferno. Ven a Ourense o 31 de outubro».
Tamén facémos eco das obras que comezaron en seis rúas do centro da cidade; e do fin da vendima na DO Monterrei na que se recolleron 6,5 millóns de quilos de uvas.
Entrevistamos ao artista Paco Ascón desde o seus estudo en Xares.

Retómase a actividade Palillando entre Barrios na AVV As Termas. E sguindo coas Termas, as públicas do Muíños da Veiga e A Chavasquira abriron novamente as súas portas en horario de 10 a 20 horas todos os días.
O Concello abre os días 29 e 30 de outubro e 1 de novembro os cemiterios de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas de 9 a 18:30 horas.
O Parque Botánico de Montealegre contará con actividades ata final de anos para achegar a natureza á cativada.

Verín acolle, os días 27, 28 e 29 de outubro, o 4º ciclo de cinema galego-portugués Mulleres, patrimonios e sociedade, que pretende promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. Todas as proxeccións terán lugar na Casa da Cultura, as 19 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala (75 butacas).
O Obradoiro do Cigarrón 2022-2023 ten aberto o seu prazo de inscrición ata o día 31 de outubro (luns).
Banksy, volve deixar a súa pegada en Verín con novas obras. O Concello presentará próximamente o roteiro.

Barbadás pon en marcha a campaña “Ti tes a chave”, un proxecto pioneiro para recoller lixo orgánico.
Os días 17, 18 e 21 de novembro de 9 a 20 horas chega a Barbadás (explanada do Mercadona) o servizo “Coidados porta a porta”. Un proxecto co que se levan servizos asistenciais ás persoas maiores no rural. Vai dirixido, con cita previa, a persoas maiores de 55 anos.

A Xunta de Galicia presenta os orzamentos para 2023; para a provincia destina 1.571 millóns de euros.
Presentación de Xantar en Madrid; celébrase do 9 ao 13 de novembro.

En deportes, a tempada de Doma Clásica rematou en Ourense. Ademais, facemos repaso do fútbol, baloncesto e fútbol sala ourensán.

A Fundación Vicente Risco organiza, en colaboración coa Deputación e o Concello de Ourense, as 12ª Xornadas Romasanta. O 29 e o 30 de outubro celébranse estas xornadas arredor da figura do mítico Romasanta.

O Samaín tamén se celebra en Allariz, Xinzo de Limia e o Centro Comercial Ponte Vella.

Ocio, clasificados e moito máis no novo número do Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 174