Foi a elexida entre todas as propostas.

A proposta Cyclopeus, a favorita para o centro termal de Bande

O salón de actos da casa do Concello de Bande, acolleu, en acto público, a apertura da documentación identificativa dos autores das propostas premiadas no concurso de proxectos, a nivel de anteproxecto, para a construción dun centro termal de nova planta na zona dos Baños.

Conforme á proposta realizada polo xurado, os gañadores do primeiro premio, cunha dotación de 6.000 euros, son: Marta Trigás Arias, Xavier Boted Campderrós e Albert Saboya Cabestay, que presentaron a súa proposta baixo o lema: Cyclopeus. A excelencia da proposta reside na claridade da organización do espazo, así como a integridade no uso dos materiais cunha linguaxe arquitectónica coherente coas condicións do entorno.

Así mesmo concedéronse un 2º premio e 2 accésits valorados en 6.000 euros en total, así coma unha mención especial do xurado, sen contía económica.

SOURCE: centro termal de Bande