O concello afánase estos días en varios traballo para embelecer a cidade.

Podas, xardineiras e obras en Ourense

O concello afánase estos días en varios traballo para embelecer a cidade.

Podas
O Concello de Ourense realizou nas últimas semanas, antes de dar comezo ao período do Nadal, unha serie de podas de seguridade en diferentes parques da cidade. Tras a realización dun estudo e informe por parte dunha empresa especializada en cirurxía arbórea, estimouse aconsellable efectuar varias actuacións en diferentes exemplares e zonas co obxectivo de minimizar o risco de roturas de ramas, ao tempo que mellorar o estado sanitario dos exemplares.
Os traballos basicamente consisten na redución de copas, acurtado das ramas e execución de poda das ramas secas e deprimidas, xunto co cableado de ramas principais para garantir a súa seguridade estrutural.
As actuacións realizáronse no parque de San Lázaro, a contorna do Pazo de Xustiza, a Praza das Mercedes e o Parque Miño. As especies nas que efectuaron son Cedrus atlántica, Casuarina equisetifolia, platanus sp. e salix babilónica.

Xardineiras
Dúas novas actuacións do Concello de Ourense ven a luz dentro do seu obxectivo de humanizar as rúas da cidade. Por unha banda, os cruzamentos da Avenida da Habana e, por outro, as xardineiras na rúa Curros Enríquez, adquiren nova fisionomía tralos traballos realizados.
Na avenida da Habana, as obras consistiron na retirada das varandas e a construcción de parterres vexetais, cuxa finalidade é humanizar a rúa, á vez que se mellora a seguridade viaria separando o tránsito de peóns e vehículos nunha zona con tráfico elevado. Trátase dun proxecto piloto, que o goberno municipal prevé estender a outras zonas da cidade no caso de que teña unha boa aceptación. Na rúa Curros Enríquez, foron elevadas as xardineiras existentes, cobrando un maior protagonismo a zona verde.
O investimento total das dúas obras foi de 60.000 euros. As dúas foron levadas a cabo pola empresa construtora ourensana Amboage, mentras que a plantación e diseño de xardinería foi realizada por Viveros Méndez.

Acondicionamento de firme
O Concello de Ourense está a rematar unha das campañas de acondicionamento do firme en vías públicas, tanto no ámbito urbano como no perímetro rural, que se iniciaba o pasado 29 de novembro. Son, en total, medio cento de actuacións nas que se repara o firme e as beirarrúas, que en moitos dos casos levaban décadas sen mantemento. A realización dos traballos estase adaptando en función das inclemencias meteorolóxicas.
Prevese que os traballos de acondicionamento do firme estean rematados na maior parte dos casos neste mesmo mes, quedando pendentes actuacións complementarias que se realizarán en vindeiros días.
O investimento previsto nas actuacións que se realizan ascende a preto dun millón de euros, que van desde os 41.000 nos que está orzamentado o proxecto de beirarrúas en Mende até os 7.501 euros de Fondo do Picouto.
As actuacións estanse acometendo en todos os barrios da cidade e no perímetro rural, con proxectos de beirarrúas na zona das Camelias – Pontepelamios, asfaltados en rúas como Fernández Bordás, Lucas Labrada, Pascual Veiga, Antonio Jausaras, Eladio Rodríguez e a cotorna do colexio da Carballeira.
Outras zonas nas que está a executar obras de acondicionamento de firme o Concello son na Bantudeira, Paseo da Lontreira, Poutás, Camiño do Regueiro, Rúa Seoane de Canedo, Camiño Outarelo, Rúa do Papón, Rúa do Seixo, Rúa do Hórreo, Rúa do Ousande, Rúa Fondo do Picouto, Rúa Porteiro, Rúa da Marquesa, Rúa Toribio, Rúa Liño, Rúa Esgos, Verea Real de Seixalvo, Rúa de Celanova e Rúa D. Tamén se adecuarán as beirarrúas no colexio de Mende e un noiro en Outeiro de Cudeiro.

SOURCE: Obras no Concello de Ourense