Utama, A revolución bailando e A balea, novas propostas do Padre Feijoo

Utama, A revolución bailando e A balea, son as novas propostas do Cineclube Padre Feijoo.

Luns 13 de marzo
Utama
No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas leva anos vivindo a mesma vida cotiá. Durante unha seca inusualmente longa, Virxinio e a súa esposa Sisa enfróntanse a un dilema: resistir ou ser derrotados pola contorna e o propio tempo.
Hora: 20.30 horas
Lugar: Casa da Cultura (rúa Concello 11)
Entrada: de balde socios, 2,5 euros non socios.

Martes 14 de marzo
A revolución bailando
Dentro do programa municipal de celebracións polo 8 de marzo, o Concello de Ourense propón para esta tarde unha sesión de cine documental centrado nun grupo musical undergruound integrado por 6 activistas.
Especialmente recomenda polo ICAA para a igualdade de xénero. Documental que recolle a historia de Las Chillers, grupo musical líder do underground madrileño e na defensa dos dereitos LGTBIQ+.
Son seis as mulleres que se xuntaron para pasalo ben e e que acabaron liderando unha revolución a través da música, o amor libre e o bo rolo. Decidiron facer a revolución bailando e lanzar unha mensaxe libre e feminista.
O seu compromiso activista e as circunstancias políticas e sociais existentes déronlles o impulso para converterse en artistas.
Hora: 20.30 horas
Lugar: Casa da Cultura (rúa Concello 11).

Xoves 16 marzo
A balea
Da man de Darren Aronofsky chega A balea, a historia dun profesor de inglés solitario que vive con obesidade severa e tenta reconectar coa súa filla adolescente nunha última oportunidade de redención. Protagonizada por Brendan Fraser e baseada na aclamada obra de Samuel D. Hunter.
Hora: 18 e 21 horas
Lugar: Teatro Principal de Ourense (rúa da Paz 9)
Entrada: 5 euros.