• Inicio
  • Aviso Legal
  • Contacto
  • Síguenos en Facebook Síguenos en Twitter Añadenos a Google+ Suscribete a RSS
  • Buscar

Buscar en la Web

Periódico Barrios
  • Periódicos
  • Opinión
  • Deportes
  • Verín
  • Provincia
  • Entroido
  • Celanova
  • Allariz
  • A Limia
  • Ourense

Provincia

Galicia: paraíso das fervenzas

Por redaccion el 23 marzo, 2023

Galicia: paraíso das fervenzas

Un catálogo recolle unha escolma das máis destacadas da comunidade.

A Xunta de Galicia vén de presentar en Fitur o catálogo «Fervenzas de Galicia, Poema Visual», no que se demostra que a nosa comunidade é un destino de excelencia, con experiencias e vivencias únicas. O catálogo das fervenzas galegas é froito do traballos de dous anos nos que se reúnen e clasifican saltos de auga distrubuidos polas catro provincias galegas.
O Goberno galego pretende un turismo de calidade e sostible, o que casa perfectamente co potencial turístico dos numerosos saltos de auga que hai por toda a xeografía galega.

Singularidade
En Galicia a auga non é un ben escaso, pero si é un ben prezado. Un territorio delimitado polo oceáno Atlántico polo seu lado oeste e polo mar Cantábrico na súa vertente norte, é a porta de entrada a frecuentes frontes tormentosas que o regan con abundancia. Na súa orografía crebada, as mainas costas conviven con altas montañas que, nalgúns casos, superan os 2.000 metros de altitude. Os seus ríos, regatos, torrentes e mananciais atopan no seu percorrido frecuentes dificultades que furan ou salvan creando espectaculares cadoiros de auga.
A distinta dureza dos materiais xeolóxicos, as rupturas abruptas provocadas polas fallas e o efecto dunha paseniña erosión sobre os leitos fluviais conforman atractivas paisaxes dominadas pola presenza da auga. A numerosa existencia de fervenzas en Galicia ponse de manifesto nas ducias de palabras galegas que temos para denominalas: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, cadoiros, saltos, cachóns, callóns, cachoeiras, abanqueiros, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, caeiras, pincheiras, seimeiras, …
Resulta difícil determinar o número exacto de pincheiras que agocha o noso patrimonio natural. Arroios, torrentes, regatos e afluentes abrázanse e escorregan por Galicia en centenares de fervenzas.
Pero non só se trata da potencia visual destes escenarios naturais, senón tamén dos seus sons, os seus xogos de luces e sombras, a humidade permanente e a vexetación que se acubilla nestas contornas. Todo iso converte ás fervenzas en lugares máxicos onde experimentar unha especial conexión coa natureza.

Tipos
Nesta guía recóllese unha escolma das que se poden considerar as máis salientables, clasificadas en 13 grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros…
As páxinas do catálogo convidan a mergullarse nun poema sensorial de extraordinaria beleza, no que alternan uns textos breves e concisos cunhas espectaculares fotografías.
O catálogo pódese visitar na web turismo.gal onde se clasifican as distintas fervenzas en varios tipos segundo as súas características. Estas son algunhas das máis destacadas de cata tipo. Altas e elegantes: ola do cenza e poza da Moura (Vilariños de Conso), a de Codeso (Boqueixón) e a de Santa Mariña ou de Graba (Silleda); Auga abondo: do Barbantiño (Maside), do Xestosa (Ourol), e a máis coñecida alén das nosas fronteiras a do Ézaro (Dumbría); Cadoiros verticais: da Cidadella (Vilardevós) e Pozo do Inferno (Ortigueira); Cola de cabalo: da Graña (Forcarei) e de Brañas (Toques); A máis galega: neste apartado está a fervenza do muíño da Serra ou do Pereiro, formando esta unha xigante letra X (ubicada en Boqueixón); Entre bosques: de Gosolfre (Mazaricos), das Campaíñas (Cuntis) ou a da Mazoca (A Capela); Entre corgas: da Fecha (Lobios), de Hérvedo (Cuntis) ou do Fondós (Chantada – Carballedo); Augas bailadeiras: Pincheira de Portomao (O Barco de Valdeorras), do Rexedoir (Val do Dubra) ou dos Casariños (Fornelo de Montes); Para os máis afoutos: Poza da Seima (Lobios); da Grada (Folgoso do Courel) oo do Pombar (Quiroga); Pequenas pero xeitosas: Caldeiras do río Castro (Muxía), de castriz (Santa Comba), ou de Vilariño (Calvos de Randín); Pozas mergulleiras: das Olas (Lobios), da Ferida (Xove – Viveiro) ou Pozo da Onza (O Valadouro); Laxes escorregadeiras: da Misarela (A Pobra do Caramiñal), de Segado (Caldas de Reis) ou a Freira das Laxes (Moraña); e Fontes rebuldeiras: Pozo do Inferno (Crecente), da Cadarnoxo (Boiro) ou a de Ribaiseira (Porto do Son).
Agora podes ver o espectácular catágolo con vídeos e fotografías, pero,… por que non vivir por ti mesmo esta experiencia a próxima vez?

  catálogo, Fervenzas, galicia, portada

Último Periódico

Últimos Tweets

Chíos de @Barrios_Ourense

Noticias

  • Ultimas
  • Populares
  • Comentadas
  • Festas de Ourense 2025 by redaccion - Comentarios desactivados en Festas de Ourense 2025
  • Ponte Vella organiza un concurso de pintura rápida by redaccion - Comentarios desactivados en Ponte Vella organiza un concurso de pintura rápida
  • O fracaso tamén é un plan by redaccion - Comentarios desactivados en O fracaso tamén é un plan
  • Festas de Ourense 2025 by redaccion - Comentarios desactivados en Festas de Ourense 2025
  • Medio Ambiente licitará este mes a mellora do abastecemento en varios núcleos de Muíños by redaccion - Comentarios desactivados en Medio Ambiente licitará este mes a mellora do abastecemento en varios núcleos de Muíños
  • Dos jugadoras del Bm. Pabellón, en el campeonato de España de selecciones by redaccion - Comentarios desactivados en Dos jugadoras del Bm. Pabellón, en el campeonato de España de selecciones

Síguenos en Facebook

© 2025, ↑ Periódico Barrios - Noticias de Ourense

Diseño Web Ourense

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies