Barrios 184

Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Esta semana entramos de cheo na campaña electoral para as municipais do 28 de maio. Nesta ocasión achegamos as propostas dos candidatos ás alcaldía de Celanova, Verín e Xinzo.
Ademais facémonos eco das polémicas que saltaron días antes no ámbito político: por unha banda, o xornal La Región saca uns audios nos que queda comprometida a figura do actual alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome ao que éste os acusa de estar manipulados. Por outra banda, pillaron ao presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar, con exceso de velocidade ao ir a 25 quilómetros por hora na A-52 cando o límite de velocidade está en 120, polo que se enfronta a un delito contra a seguridade viaria. O avogado de Baltar logrou pospor o xuízo ata despois das eleccións do 28M.

En deportes, a UD Ourense quedou apeada do soño do ascenso á 2ª Federación logo de perder en primeira rolda diante do Arousa. O Ourense CF terá que xogar unha eliminatoria para permancer na 2ª Federación. E o COB logra salvar a categoría e estará a vindeira tempada en LEB Ouro.

Como conmemoración do Día das Letras Galegas, Vilanova dos Infantes volve festexar o Raigame que este ano chega a súa vixésima edición. Ademais Verín conmemora o Día con eventos que se prolongarán ata o 19 de maio. E seguindo coa capital do Támega, a vila organiza tres días de música co «Vibra Verín».

Esto e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha