Barrios 185

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Chega o 28 de maio, día cando os ourensáns están chamados a depositar o seu voto na urna que decidirá quen será o próximo alcalde durante os vindeiro catro anos.

Son 92 concellos en toda a provincia e moito por decidir, non só en cada un deles, senón tamén na Deputación provincial de Ourense agora gobernada por José Manuel Baltar do Partido Popular.

Nesta ocasión centrámonos en tres concellos: Ourense, Barbadás e Xinzo de Limia.

En Ourense, parece un todos contra Jácome (DO). Dez formacións buscan representación na corporación municipal entre os 27 concelleiros que entrarán. Democracia Ourensana, con Jácome como estandarte, buscará aumentar votos e lograr manterse no Goberno municipal.
PP e PSOE parecen dispostos a derrocar a Jácome, incluso mediante un pacto entre eles dous. O BNG ten claro que fará o posible para que a dereita non goberne (sobre todo DO e PP). Cidadáns que contaba con dous concelleiros loitará para non desaparecer do concello de Ourense. E o resto de formacións (Agora Oruense, Contigo Ourense, Vou, Vox e CCD) teñen como obxectivo lograr alomenos un concelleiro.

En Xinzo son cinco os partidos que se presentan e con moitos cambios. Polo de pronto, nin C´s, nin Xinzo Adiante concurren nestas eleccións despois de ter representación os últimos catro anos. Para este mando hai dous claros bloques: o conformado por grupos de esquerda (PSOE, BNG e Axil) e o de dereitas (PP e Vox). Sen maiorías absolutas no horizonte, a dúbida está en saber que bloque será o que goberne do 2023 ao 2027.

E en Barbadás serán seis as listas que pelexen para acadar representación no concello.
Con minoría, o PSOE gobernou os últimos catro anos e o seu obxectivo é subir algún concelleiro. O BNG quere sumar par poder entrar a formar parte do Goberno local xunto cos socialistas.
DO e PG (agora encabezado por Ramón Padrón, de CxG) queren manterse dentro da corporación e ser máis necesarios nas tomas de decisións (aínda que nestes catro anos xa o foron ao axudar a sacar adiante varias porpostas para que non quedara paralizado o concello).
E por último está a dereita, con Chelo Vispo que busca unha maioría que faga que os populares volvan ao poder, ou conseguir un número de concelleiros que unidos aos que poida lograr Vox faga que regrese a dereita a Barbadás.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha