Barrios 188

Xa está na rúa un novo número de Barrios.

chega xullo e con el o novo número de Barrios que trae en portada os novos autobuses urbanos do Concello de Ourense, que se irán incorporando ao longo do verán. As liñas cambiarán antes de Nadal, e a gratuidade chegará do transporte urbano chegará en 2024. O PP elexiu a Luis Menor -alcalde do Pereiro de Aguiar- como novo presidente da Deputación de Ourense. En Celanova formarán goberno este venres cun erro que quita un concelleiro a Celanova Decida e llo da ao Partido Popular. E seguindo con Celanova, o sábado 22 de xullo actuarán no Claustro do Mosteiro Javier Gurruchaga e La Orquesta Mondragón no ciclo «Rock Entre Pedra e Poesía».

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, xa repartiu as competencias entre os seus concelleiros. Amador Díaz (Axil) é o novo alcalde de Xinzo de Limia logo dun pacto «in extremis» co PP. Elvira Lama -ex alcaldesa- queda na oposición logo de ser o PSOE a lista máis votada.

Fin das máscaras en centros sanitarios, sociosanitarios e farmacias, logo de tres anos da pandemia da Covid-19. En Ourense, baixan os delitos contra as persoas e os de agresións sexuais. Once listas concurrirán ao Congreso por Ourense; son 10 as que se presentan ao Senado. O alcalde de Ourense suspende temporalmente o teletraballo.

As Festas da Ponte contarán con catro días de actividades nas que haberá música, atraccións e a tirada de fogos. As Festas de Ourense remataron con gran participación de veciños. 800 escolares participan no Concilia Verán.

O Complexo do Corgo, en Muíños, celebra a quinta edición do «Music Camp» do 31 de xullo ao 6 de agosto. A sede de Afundación (plaza Maior, 4) acolle a exposición «A nosa arte», escolma de pezas do Parlamento de Galicia. Xoldra de Aguiar terá lugar no campo dos Gozos (O Pereiro) o 30 de xullo.
Allariz terá este verán unha ampla oferta de lecer para todas as idades con música, cine, deporte, entre outras moitas cousas.

Deportes, clasificados, artigo e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha