Barrios 190

Xa esta publicado o novo número de Barrios.

Na portada traemos a onda de calor que asolaga toda a provincia e que xa está a remitir. En Celanova poderán gozar do primeiro Festival Lembranza Ibérica, mentres que en Verín prepáranse para o Extruga Rúa Festival. Ademais, Xinzo acolle a Feira do Agro da Limia.

A Xunta vén de formalizar o contrato para executaras obras da senda que irá desde a intermodal ata a Ponte Romana, pola avenida das Caldas, e que suporán custará 1,2 millóns de euros.
En setembro levarase ao pleno de Ourense a nova ordenanza de veladores e o Goberno local decidirá sobre o futuro da antiga cárcere.

A Feira da DO Monterrei de 2023 foi a máis exitosa de todas as endicións anteriores cunha moi alta participación de visitantes.
O FIC de Verín acolle actividades paralelas que van desde a gastronomía ata un podcast pasando por catas.

A Escola Rural de Saúde da Limia controla emocións e saúde mediante catro obradoiros realizados en Xinzo de Limia. Un paso máis para a construción de pozos de regadía na Limia.

A residencia de maiores de Barbadás sufrirá unha remodelación dun millón de euros. En Celanova se pode visitar na Casa dos Poetas a exposición de Baldomero Moreiras “Carteis cartazes affiches”. Este 2 de setembro Allariz alberga a Feira de produtos apícolas.

Deportes, ocio, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha