Barrios 193

Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Destacamos na portada deste número a reunión mantida polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, na que falaron dos proxectos para a cidade. Tamén sacamos en portada a nova campaña de vacinacións contra o VRS, a covid e a gripe. Os policías celebraron o seu día cunha misa e unha entrega de distincións. Centro Comercial Ponte Vella celebra o seu 22º aniversario.

Antiq Auria ten lugar en Expourense esta fin de semana. A cita chega a súa sétima edición. Ademais facemos un repaso a outros asuntos de actualidade no Concello de Ourense.

O programa Hypatia realizado en Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio contou con 77 participantes. Rematou coa entrega de premios o Obradoiro de Emprego de Xinzo no que participaron 20 alumnos. Comeza en Xinzo a primeira fase da renovación das rúas do Casco Vello.

A Sala Micolóxica de Celanova promociónase en Uruguai. O río Sampil contará cunha senda fluvial que ten un investimento de 828.000 euros. O Hotel Acouga organiza un premio de poesía. O Xoves, 12 de outubro, terá lugar a segunda Feira Bio. Ata final de ano o Auditorio de Celanova acollo o «Ciclo Mestre Mateo» con proxeccións de películas.

Ata o 12 de outubro continúan as Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Esta fin de semana celébrase o Poemagosto, ademais doutras actividades culturais. A escritora Nieves Concostrina fara un coloquio en Allariz este sábado a partir das 18 horas (rúa Castelo, sn).

En fútbol, gran arranque ligueiro para Ourense CF e UD Ourense. O COB comeza a LEB Ouro este sábado no Paco Paz a partir das 19 horas contra Castelló. Chega unha nova edición do Trail Ribeira Sacra.

Cultura, ocio, provincia, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha