Barrios 195

Xa está na rúa o novo número de Periódico Barrios.

A portada deste número a dobre presentación que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense. Por unha banda presentouse o magosto popular que como sempre repartirá bolos preñados, castañas, viño e auga. Por outra banda, tamén se presentou a 46ª edición da carreira popular do San Martiño.
Ademais, Celanova é candidata ao alumeado de Nadal de Ferrero Rocher.

O Halloween volveu contar con milleiros de persoas que desafiaron a chuvia cos seus disfraces do máis terroríficos. Polo 24ª Salón Gastronómico Xantar pasaron 17.000 persoas durante os catro días de celebración.
O pleno de Ourense aproba unha modificación orzamentaria de 2 millóns de euros; porén desbota habilitar 5,7 millóns máis. Rematou o obradoiro de emprego Montealegre 3 coa entrega dos diplomas. O concello inicia unha campaña de alimentación saudable.

En Xinzo, adxudicáronse os traballos de eliminación de verteduras ao río Limia. A Xunta prolongará a xornadas dos pediatras como medida temporal ata ocupar esa praza mediante oferta pública. O BNG denuncia investimentos insuficientes, tanto da Xunta como da Deputación, para a Limia. O CDR O Viso pon a andar «Alumar» para apoiar neste Nadal ás persoas que viven soas. Do 20 de novembro ao 3 de decembro, preto de 20 locais de hostalaría participan no concurso «Patapas».

Teatro e defensa persoal para frear a violencia contra as mulleres, entre as actividades organizadas polo Concello de Allariz; o lema deste ano é: «Libérate das garras da violencia». Esta fin de semana a Feira de Outono (no pavillón do instituto) contará cunha trintena de produtores.

Presentouse en Celanova o libro “Investigación histórica, exhumación e análisis dos restos da fosa de Celanova” que recolle as exhumacións de sete presos asturianos no cemiterio de San Breixo. Este venres e sábado, 10 e 11 de novembro, celébrase a 11ª edición do concuros “Pinchos da miña terra”. O BNG laméntase dos pobre orzamento da Xunta para Celanova.

A Atención Comunitaria crea unha programación de hábitos saudables; comeza a formar parte da programación anual dos centros de saúde. A Deputación convoca un concurso contra a violencia de xénero dirixido a centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional de grao medio. Subdelegación do Goberno en Ourense realizou a Comisión para a posta en marcha en Ourense do Plan Invernal de Estradas.

Deportes, ocio, clasificados, e moito máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha