Barrios 196

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Os novos autobuses de pequeno tamaño son a noticia destaca da portada deste número. Os denominados «busitos» comezan a verse polas rúas da cidade; serán un total de 15 os que se incorporarán nestes días ás liñas de transporte urbano da cidade.
Ademais, entrevistamos ao escritor Jorge Bóveda trala publicación do seu último libro «Caixa B».
Estos días os concellos da provincia conmemoran o 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con numerosas actividades.
O 14º Salón do Vehículo de Ocasión abre as súa portas en Expourense do 23 ao 28 de novembro.
O Centro Comercial Ponte Vella acendeu as luces de Nadal.

O pleno do Concello de Ourense aproba, en sesión extraordinaria unha modificación de crédito de 1,7 millóns de euros. un Roadshow de Ciberseguridade estará instalado no xardín do Posío do 23 ao 25 de novembro.
O Concello de Ourense, coa colaboración do CIFP Portovello e o patrocinio de Ecourense UTE, organiza o Concurso de Escaparates de Nadal 2023.
Presentouse o número 12 da revista «Nós, a Xente do redor». PSOE e BNG defenden o pacto do Goberno central; o PP manifestouse en contra.

Os viños da DO Monterrei triunfaron en Bilbao. O curso «Donantes de sabedoría» entrega os seus diplomas ás 50 persoas participantes. O Concello de Verín organiza un curso oficial de socorrismo en instalacións acuáticas.

Un obradoiro rehabilitou o lavadoiro de Quintas no Concello de Barbadás. Un convenio co IGVS permitirá rehabilitar o centro social de Sobrado do Bispo. O concello adquiriu unha máquina elevadora para facilitar traballos de poda.

En deportes, El Ghazouany e Navarrete dominan a San Martiño. O COB inicia a LEB Ouro de xeito brillante. O Ourense CF ocupa a primeira posición na 2ª RFEF.

PP e PSOE pactan repartir 17 millóns de euros da Deputación polo Plan CooperOU. Os usuarios da intermodal aumentaron logrando 166.000 usuarios máis.

Opinión, clasificados, ocio e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha