Barrios 206

Novo número de Barrios na rúa.

Nesta ocasión a Romaría Etnográfica Raigame celebra a súa 21ª edición en Vilanova dos Infantes que este ano está adicado aos doceiros de toda a provincia. Tamén nos facemos eco da procesión dos fachos de Fátima, con milleiros de fregueses acompañando á imaxe.
Tamén sacamos en portada o investimento de 205.000 euros para mudar de cara na rúa Dous de Maio de Xinzo de Limia.

Toda a provincia vólcase con actividades culturais para conmemorar o «Día das Letras Galegas».
Na cidade, o alcalde insta á oposición a que valoren a supresión da ORA e a posibilidade de que entren novos accionistas no Club Ourense Baloncesto.

Xinzo nomeará Fillo Adoptivo a Gonzalo Iglesias Sueiro, despois de ser sido aprobado polo concello por unanimidade. Estase a celebrar a primeira edición das “Tapiñas” do Concello de Xinzo; ata o xoves, 23 de maio. Preto dun millón de euros para eliminar as verteduras ao río Limia.

Abre as portas da 14ª edición do Festival de Xardíns de Allariz (FIXA) 2024, con nove propostas coa arte como temática. O terceiro sábado de cada mes a vila alaricana celebra un roteiro temático. Os días 17 e 18 de maio retorna o Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”.

Ao redor de 600 persoas reivindican o Camiño de San Rosendo como Camiño Xacobeo. O artista celanovés, Baldo Ramos, é, desde o pasado mes, membro do padroado da Fundación Curros Enríquez.

Provincia, ocio, artigos e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha