Barrios 208

Xa está na rúa o novo númer de Barrios.

Nesta ocasión, destacamos en portada o calendario que obsequiamos en páxinas centrais da Eurocopa 2024 de fútbol. O Rally de Ourense que este ano chega a súa 57ª edición os días 14 e 15 de xuño. Xinzo celebra a primeira xuntanza de vestais «Vestalias 2024». E entrevistamos aos creadores de Rain Project.

Seguindo coas entrevistas, tamén falamos con Valentín Barreiros, autor de «Os trasnos da lanterna».
En Ourense, o pleno extraordinario serviu para que falárase dunha moción de censura contra Jácome; pero este respondeu con plantexar outra na Deputación. Ademais, PP e PSOE acordaron levar unha moción conxunto ao pleno deste mes para instar ao Goberno municipal a executar de maneira urxente as obras de acondicionamento necesarias no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM). Albor celebrou a súa semana cultural cunha variada programación.

Xinzo nomeou a Gonzalo Iglesias Sueiro fillo adoptivo da vila. Un novo aparcadoiro contará con 51 prazas. Crearase un punto de actualización dixital para facilitar á veciñanza a actualización de chaves do DNI e certificados dixitais. Regresa a Xinzo os «Xoves de Tapiñas» durantes todo o mes.

Xuño vén cargado de actividades en Celanova, como pode ser a carreira nocturna que terá lugar o sábado, 22 de xuño, a partir das dez da noite. Colexios galegos que levan o nome de Curros Enríquez teñen unha xornada de convivencia na vila de San Rosendo. A exposición «Auga. O sangue da terra» estará na Casa dos Poetas ata o 6 de xuño.

Provincia, deportes, artigos, ocio, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha