Entregados os premios do concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2024

Pulpería Asador A Feira acadou o primeiro público do xurado, Bágoa o segundo e Tierra Madre o terceiro.

O concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2024 xa ten gañadores. No centro comercial Ponte Vella tivo lugar a final e a entrega de premios do certame, que organiza o Concello de Ourense e desenvolve a Unión de Hostaleiros de Ourense. Os 8 locais finalistas cociñaron as súas propostas diante do xurado profesional e do público.

O xurado votou as propostas dos establecementos finalistas: Baysha, La estación de Loman, Restaurante Camden, Mesón O Curruncho, Bágoa Gastrobar, Pulpería Asador A Feira, Tierra Madre e La zapatería del abuelo. Logo da súa deliberación, concedeu os seguintes premios:

1º Premio: Pulpería Asador A Feira polo pincho Gamba na corte
2º Premio: Bágoa Gastrobar por A lareira do Bágoa
3º Premio: Tierra Madre por Ondiñas veñen e van
Premio celíaco: La estación de Loman por Loman´s Burguer Smash
Accésit ao pincho máis creativo: Bágoa Gastrobar por A lareira do Bágoa
Premio do público: Baysha por Focaccia de cachena

O xurado estivo composto por Álvaro Villasante (restaurante Paprica, Lugo, membro do Grupo Nove), Diego López “Moli” (restaurante La Molinera, Lalín), e Rut Nieves Fernández, profesora técnica de servizos en restauración da Escola de Hostalaría de Vilamarín.

A continuación tivo lugar a entrega de premios do sorteo realizado entre o público participante no concurso, e se anunciaron e entregaron os premios aos locais gañadores, nun acto ao que asistiron o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, a concelleira de Turismo, Noa Rouco, e representantes da Unión de Hostaleiros de Ourense e das empresas e entidades colaboradoras (Asociación de Celíacos de Galicia, CRDO Ribeiro, Aceites Abril, Hijos de Rivera, Coren e Grupo Cuevas).

Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2024 desenvolveuse do 23 de maio ao 2 de xuño e contou coa participación de 41 establecementos da cidade.