Luz Casal, a protagonista do «Rock entre pedra e poseía»

Actuará en Celanova o 24 de xullo ás 22 horas.

Presentouse no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense a edición deste ano do Rock Entre Pedra e Poseía (REP2).
Esta terceira edición celebrarase o 24 de xullo (mércores) ás 22 horas e volverá a ter ao claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova como marco incomparable. E se o mosteiro da vila de San Rosendo é un lugar destacadísimo non o é menos a artista deste ano. A galega Luz Casal será a que ofreza un concerto aos afortunados que se fagan cunha entrada.

Entradas
As entradas están á venda na web ataquilla.com e ten un custe de 35 euros (máis gastos de xestión); a venda das mesmas está indo a bo ritmo. O aforo está limitado a 800 persoas.

O concerto, que foi presentado polo delegado da Xunta, Manuel Pardo; o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o director da área de Cultura e Deporte da Diputación, Marcos Vázquez; e o representante de Escena Sonora, José Manuel Freiría.