Barrios 228

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Na portada traemos dúas devocións. Por unha banda a devoción que se ten á Virxe de Fátima, acompañando milleiros de fieis á súa figura na porcesión que se celebra en Ourense cada 13 de maio. Por outra banda, a devoción polas Letras Galegas coa celebración do seu día que terá lugar o 17 de maio e que serán honradas por toda a geografía ourensá.
Entran en funcionamento as novas ramplas e escaleiras mecánicas no parque das Mercedes.

A DO mantén aberto o concurso para o cartel da Feira do Viño de Monterrei que se celebrará en agosto. Xosé Lois Rivada expón «Pensamentos fuxidos» na Sala de Exposicións de Verín.

Kid Mount presenta o adianto do novo EP «NeoAmor» co sinxelo «Como un can». Trátase dun artista que dará moito que falar no futuro.

En Barbadás, entregáronse novos composteiros. O concello rehabilitou zonas verdes na Valenzá, o firme da rúa de Fonsillón e renovará a luminaria reducendo o consumo nun 83%. No pleno de maio acordase cobrar pola recollida e coidado dos animais extraviados aos donos irresponsables. Barbadás avanza coa Xunta nas fórmulas para modernizar e actualizar o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Comeza a limpeza da fachada da Deputación. “De nenas a referentes ourensás” e o título dunha xornada, organizada pola Deputación, que porá en valor o deporte feminino da provincia a través da figura de varias deportistas e exdeportistas ourensáns. A Deputación vólcase coa Vía da Prata; estacións de servizos para ciclistas e novas etapas, entre as accións. Xornada de portas abertas na Subdelegación, a semana que vén, para celebrar a Semana da Administración Aberta.

Na sección de artigos, Avelino Jácome chega cunha nova sección «Crónicas Vampíricas», unha nova visión persoal do seu que plasma nos seus escritos como ninguén. Raquel Sertaje traenos a súa visión particular sobre o mundo que nos rodea.

Provincia, deportes e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha