Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada, nesta ocasión traemos as Festas de Ourense co pregón de Luis Zahera; cinco días de festa con moita música, deportes, inchables, mercado medieval, e moito máis.
Xunta, Concello de Ourense e Universidade de Vigo firman un convenio para realizar un proxecto piloto sobre as zonas máis quentes de Ourense. Celanova acolle o 21º Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.
Javier Pardo logra gañar no Rally de Ourense; o primero ourensán neste século.
O parque acuático de Monterrei abre as súas portas nun verán no que comezarán as obras das fases 3 e 4 do complexo deportivo.
En Xinzo impúlsase a peonalización do centro histórico co plan «Xinzo Paso a Paso». O Forum Limicorum Musical celébrase este sábado, 21 de xuño. O CEIP Carlos Casares será máis accesibles grazas á construcción dun ascensor no que a Xunta inviste 68.000 euros.
Celanova organiza infinidade de eventos nas primeiras datas deste verán. O Festival Hércules Brass xa ten á venda as entradas que terá lugar entre o 28 de xullo e o 1 de agosto.
Dous meses de exposición pública do Plan Especial de Protección do Casco Histórico (Pecha), para consultar e presentar alegacións. O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (Fixa) contabiliza preto de 3.000 visitantes desde a súa apertura o pasado 17 de maio.
Deportes, provincia, artigos, o calendario do Mundial de Clubs -en páxinas centrais- e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha