Barrios 232

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión a portada vai de presentacións. Presentouse en Celanova o Festival Hercules Brass que se celebrará entre 28 de xullo e o 1 de agosto; presentouse o cartel do Festival de Cine de Ourense que foi obra do ilustrador ourensán Miguel Robledo; presentouse as Festas de Santa Mariña de Xinzo que terán lugar do 17 ao 20 de xullo; e presentouse o «The Rain Expierence» unha iniciativa organizada polos creadores da marca de moda Rain Project e que terá lugar en Celanova o 24 de xullo.

Nestas datas licitaranse na capital ramplas para os barrios da Cuña e O Couto. Os colexios manteñen unha frenética actividade nestes meses de verán co «Concilia Verán», ademais as bibliotecas organizan contacontos. Ponte Vella Centro Comercial, ademais das rebaixas de verán ofrece obradoiros para os máis cativos de luns a sábado. Alumnos do CIFP A Farixa logran a primeira posición nas olimpiadas de telecomunicacións.

A praza Maior de Celanova congregou a centos de persoas para ver o primeiro programa do «Grand Prix» no que participou a vila de San Rosendo. As bases para participar na Ramallosa xa están disponibles. Teatro, obradoiros e moito máis son as propostas en Celanova para este verán.

Xinzo tamén presentou a súa programación de verán con infinidade de actividades como maxia, teatro ou música. Renóvase o firme en nove rúas do barrio de Abaixo.

Tampouco faltarán as actividades en Allariz, que vén de presentar a súa programación veraniega na que haberá música, roteiro, o festival de curtas RiR, entre outras propostas. A mocidade tamén terá as súas actividades cunha programación pensada para eles.

Provincia, deportes, opinión, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha