Terá o seu colofón coa Festa do Esquecemento.
Este verán, Xinzo de Limia presenta unha oferta cultural cunha morea de actividades, unha programación diversa para toda a familia, para veciños e visitantes. Conta con propostas musicais, espectáculos escénicos, actividades infantís e grandes celebracións.
A programación cultural comezou o 5 de xullo coa visita teatralizada Memoria en Pedra ao Mosteiro de Trandeiras, e continúa este sábado 12 de xullo, 20:30 h, co espectáculo familiar «Super Pandi» na Praza Maior. O mércores, 17 de xullo, durante todo o día na Praza Maio o Mago Antón estará co espectáculo «Cincuenta». Do xoves 17 ao domingo 20 de xullo, Xinzo celebra as Festas de Santa Mariña.
Para festexar o Día de Galicia, a capital da Limia ten previsto unha ofrenda floral e actos conmemorativos, dende as 20.30 horas no Parque Galicia, Barrio do Polígono; a partir das nove da noite, chega o concerto Día de Galicia – Xuntos pola Música cun tributo a Juan Pardo con Lisi Pardo e Antonio Barros (praza Maior).
O sábado 26 de xullo -20:30 h- a praza Maior acolle ¡Zasca! Maxico Show.
Agosto arranca co 8º Festival Internacional de Bandas de Gaitas Vila de Xinzo que terá lugar os días 1, 2 e 3. Amorodous – Versións ao vivo de grandes temas musicais será a proposta para o sábado, 9 de agosto, a partir das 20.30h na praza Maior. Máis música chegará a Xinzo o luns día 11 -20:30 h- da man de Marta Bravo & Serxio Tannus – Alegría.
Os autos tolos farán as delicias dos máis cativos polas rúas de Xinzo o venres 15 a partir das 20.30 horas (epicentro na praza Maior e inscrición previa). Un espectáculo de lume, «Mistic Fire», fará acto de presenza o sábado 16 de agosto -21:00 h- na praza Maior. A cita das Xornadas de Folclore con Xinzo de Limia será o domingo día 17 ás 20 horas na praza Carlos Casares. E o sábado, 30 de agosto, péchase o ciclo ocio cultural con espectáculo familiar «A Galiña Xosefina», que será representado a partir das 20.30 horas na praza Maior.
Festa do Esquecemento
Como colofón, do 22 ao 24 de agosto, Xinzo recreará o seu pasado galaico-romano coa 25ª Festa do Esquecemento, organizada pola asociación Civitas Limicorum, que este ano conmemora o seu aniversario cunha edición moi especial.