AEVER pon en marcha una nova campaña «Móllate polo comercio»

A Asociación de Empresario de Verín (Aever) pon en marcha a campaña «Móllate polo comercio» para fomentar as compras no comercio local. Para iso, instalarán o venres, 18 de xullo, un parque acuático polas rúas da vila con megatobogáns de auga.

Localizacións
As atraccións acuáticas estarán abertas de 17.30 a 21.30 horas en tres localizacións distintas: praza García Barbón (zona Extrem); praza da Mercé (zona Peques); e na praza do Concello.
Na García Barbón instalarase un tobogán xigante (14m de alto por 40m de longo); na praza do Concello un tobogán grande deslizante de auga de 8 metro de altura por 24 metros de longo e 7 metros de ancho, con piscina. Para os máis peques dous tobogáns de auga: un 4,5 metros de altura e outro máis pequeño de 10m de longo, instalados na praza da Merced

A praza Maior tamén será o lugar onde se realice a Festa da Escuma onde estará habilitada zona acotada (inchable). Ademais, contará con música e un Speaker para animar.
Haberá catro horarios en función das idades:
– 17:30 a 18:30 para peques (3-10 anos)
– 18:30 a 19:30 para xovenes (11 anos en adiante)
– 19:30 a 20:30 para peques (3-10 anos)
– 20:30 a 21:30 para xóvenes e adultos

Para participar nestas actividades teñen que conseguir os tickets realizando compras nos establecementos asociados. Os tickets canxearanse na carpa de AEVER situada na praza Maior.
Os que queiran participar, deberán entregar 5 tickets + 5 euros na carpa de AEVER situada na Praza Maior, canxearémolo por una pulse¡ra e terá acceso a tódalas actividades tanto tobogáns coma festa da ESPUMA durante toda a tarde.
A carpa estará aberta unha hora antes do inicio das actividades.