A Deputación achega o cine ás rúas dunha trintena de concellos.
A Deputación achega o cine ás rúas dunha trintena de concellos este verán para contribuír á dinamización do rural. Por iso, organiza un programa de proxeccións ao aire libre en diferentes concellos da provincia. O proxecto, chamado “Circuíto provincial de cine de verán 2025”, achegará o audiovisual a 30 municipios ourensáns. O deputado de Cultura, César Fernández, destaca o “apoio firme” da Deputación ao sector do cine, así como a todas as actividades que “contribúen á dinamización do noso rural”, como é o caso destas proxeccións.
Cinco títulos
As películas que se proxectarán ata o próximo 30 de setembro son: “+ Cuñados”, “As Neves”, “Antes de Nós – Castelao”, “Os demos de Barro” e “Chicken Run – Amanecer de los Nuggets”, contribuíndo á variedade de formatos e adaptándose a todo tipo de público. Ademais, varias das películas rodáronse en Ourense e contaron con apoio da Deputación de Ourense.
No caso de “+ Cuñados”, a longametraxe proxectarase durante o verán nos concellos de Barbadás, Maside, Nogueira de Ramuín, Celanova, Vilariño de Conso, O Bolo, Melón e Sarreaus. “As Neves” poderá verse en Viana do Bolo, Castrelo de Miño, Piñor, Avión, Montederramo e San Xoán de Río. “Antes de Nós -Castelao” estará en Verea, Vilar de Barrio, A Peroxa, Cartelle, Maceda, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. “Os demos de Barro” exhibirase en Bande, Baños de Molgas e Allariz. E, por último, “Chicken Run – Amanacer de los Nuggets” en Boborás, Esgos, Paderne de Allariz, A Mezquita e Carballeda de Avia.
Entre as vilas que acollerán este ciclo están Allariz, que proxectará o sábado, 16 de agosto, ás 22.30 horas, a película “Os demos de Barro”; ou Celanova e Barbadás que traerán “+ Cuñados” nunha data por determinar.
VILAR DE BARRIO- 9 agosto – Antes de nós – Praza do Concello
VIANA DO BOLO – 10 agosto – As Neves
VILARIÑO DE CONSO – 11 agosto – Máis Cuñados – Campo de Fútbol
AVIÓN – 11 agosto – As Neves – Praza do Concello
SAN XOAN DE RÍO – 12 agosto – As Neves – Área Recreativa A Veiga
NOGUEIRA DE RAMUÍN – 12 agosto – Máis Cuñados – Estrada a Esgos
MELÓN – 14 agosto – Máis Cuñados – Monasterio de Melón
RIBADAVIA – 15 agosto – Antes de nós
TRASMIRAS – 16 agosto – Antes de nós – Campo do Fornelo
ALLARIZ – 16 agosto – Os demos de barro – Complexo Deportivo Vilanova
CARBALLEDA DE AVIA – 16 agosto – Os demos de barro – Parque frente o concello
A PEROXA – 17 agosto – As Neves – Praza do Concello
ESGOS – 20 agosto – O soño da sultana – Praza Souteira
BOBORÁS – 21 agosto– Os demos de barro – Exteriores Piscina
PIÑOR – 21 agosto – As Neves – Praza do Arenteiro
SARREAUS – 21 agosto – Antes de nós – Praza da Ermita
PADERNE DE ALLARIZ – 23 agosto – O soño da sultana – Praza do Concello
MASIDE – 24 agosto – Máis Cuñados – Praza Maior
CARTELLE – 25 agosto – Antes de nós – Praza de San Roque (A Seara)
MONTEDERRAMO – 30 agosto – As Neves – Claustro
O BOLO – 30 agosto – Máis Cuñados – Exterior Pavillón
CELANOVA – Pendente data – Máis Cuñados
CASTRELO DE MIÑO – Pendente data – As Neves
BARBADÁS – Pendente data – Máis Cuñados