A provincia volve gozar das Xornadas de Folclore

Grupos de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia actuarán en 16 concello da provincia do 11 ao 20 de agosto.

As Xornadas de Folclore chegan á súa 40ª edición percorrendo 16 concellos da provincia entre o 11 e o 20 de agosto. Unhas xornadas que dan colorido ao verán ourensán desde hai 42 anos e que soamente a pandemia da Covid19 cancelándoas durante dous veráns.
Trátase dun dos eventos máis esperados do verán cultural ourensán, que nesta edición contará coa participación de seis agrupacións folclóricas procedentes de Arxentina (Huayra Muyoj), Chile (Ballet Municipal de Rancagua), Filipinas (Philcas of BC), Irlanda do Norte (Royal Tara Dance Academy), Ucraína (Folk Dance Ensemble Volynianka) e Xeorxia (National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore ‘Tsumu’). Como en edicións anteriores ao redor de 190 artistas traerán o folclore e tradición de seis rexións e tres continentes do planeta.

Dous por noite
Cada noite haberá dous espectáculos -de balde- en dúas vilas diferentes da provincia protagonizados en cada lugar por tres agrupacións, onde crean un espectáculo de case dúas horas de duración para amosar a música, o baile e o vestiario tradicional do seu país.
Como cada ano, o Centro Residencial Docente de Ourense e o IES Universidade Laboral serán as instalacións que acollerán aos grupos participantes durante a súa estadía na provincia.

Programación
Así, a programación desta edición comezará o 11 de agosto (20.30h) no Teatro Principal coa cerimonia inaugural e prolongarase ata o 20 de agosto en Ribadavia con actuacións nas vilas de Allariz, A Rúa, Bande, O Barco, Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, Trives, Verín, Viana e Xinzo.
Salvo en Ourense e Ribadavia, nas outras vilas dividiranse os grupos, e cada noite actuarán tres deles en cada concello.

Luns 11
20.30h. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Cerimonia inaugural (todos os grupos).
Martes 12
20.30h. Bande (praza da Constitución). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
22.30h. Allariz (Campo da Barreira -San Benito-). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
Mércores 13
22.30h. Manzaneda (patio Colexio). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
22.30h. Maceda (Rúa do Toural). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Xoves 14
22.30h. Verín (parque da Preguiza). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
22.30h. O Barco (parque Malecón). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Venres 15
20.30h. Entrimo (Alameda). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
22.30h. Viana (praza Maior). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Sábado 16
22.30h. A Rúa (parque do Aguillón). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
22.30h. O Carballiño (praza Maior). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Domingo 17
20.00h. Xinzo de Limia. Desfile do Toural á praza Carlos Casares.
20.30h. Xinzo de Limia (praza Carlos Casares). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
22.30h. Castro Caldelas (praza do Prado). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
Luns 18
20.30h. Celanova (Claustro do mosteiro). Arxentina, Filipinas e Ucraína.
22.30h. Trives (patio Santal Leonor). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.
Martes 19
22.30h. Ourense. Desfile. Parque de San Lázaro ata a praza Maior.
23.00h. Ourense. Praza Maior. Chile, Irlanda do Norte, Xeorxia, Arxentina, Filipinas
e Ucraína.
Mércores 20
23.00h. Ribadavia. Auditorio do Castelo. Chile, Irlanda do Norte, Xeorxia- Arxentina,
Filipinas e Ucraína.