Terá lugar o sábado, 13 de setembro.
A Xoldra de Aguiar traerá a música de Milladoiro, Agrupación Musical da Limia e Pablo Estévez nos Gozos, Concello do Pereiro de Aguiar. O evento dará comezo ás 20 horas. As entradas están á venda en ataquilla.com (cativos ata 10 anos, de balde).
A Xoldra de Aguiar ten como principal obxectivo a posta en valor do rural coa cultura das festas populares como instrumento catalizador dun evento musical durante un día, desde a sesión vermú ata a noite, e programación infantil.
Unha xornada cargada de convivencia, música e bo ambiente que reflexen a disposición dos galegos para desfrutar dun evento no rural ao aire libre.
Edicións anteriores
Na edición 2023, os grupos galegos Lamatumbá, Brinkadelia Troupé e a agrupación Os do Fuelle foron os encargados de amenizar toda a xornada. E A Run Run Xogos e enredos, da animación infantil. Por outro lado, na edición de 2024 amenizaron o evento grupos coma: Cé Orquesta Pantasma, Los Camachuelos, O Sonoro Maxín e, culminando a xornada, Luar na Lubre.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo. Tamén conta co apoio da Diputación Provincial de Ourense e do Concello de O Pereiro de Aguiar.