O concerto celebrouse no marco do OUFF.
Case non quedaban sitios libres no Auditorio Municipal de Ourense para asistir ao concerto OUFF Film Symphony, o tributo da Xove Orquestra Ourensanía ao compositor Hans Zimmer e, tamén, a primeira oportunidade de escoitar, completo e en directo, o novo tema musical do Ourense Film Festival. Foi o propio compositor do OUFF Theme, o músico José Manuel Cancela, quen subiu ao escenario para dirixir a interpretación do tema, coa música sinfónica da orquestra e a colaboración dun grupo de pandereteiras.
Despois deste momento tan especial, José Luis Tielas, director musical do conxunto ourensán, tomou o seu lugar e no Auditorio comezaron a soar bandas sonoras tan coñecidas como as de Piratas del Caribe, Gladiator ou Origen. Todas elas compostas polo compositor alemán Hans Zimmer, lenda da música cinematográfica e protagonista desta homenaxe.
A Xove Orquestra Sinfónica estuvo acompañada de actores que recrearon algunhas das esceas destas películas e que converteron o concerto nunha cita chea de sorpresas.