Dúas fins de semana co coche como protagonista en Expourense

Celébrase o Salón 16º Salón do Automóbil do vehículo novo e de ocasión.

Os concesionarios oficiais da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, Acauto, participarán como expositores no 16º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 17 ao 19 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 22 ao 24 de outubro o do Vehículo de Ocasión.

Lanzamentos
As marcas representadas son: Audi, BMW, Byd, Citroën, Cupra, Dacia, Ebro, Fiat, FORD, Hyundai, Jeep, Kia, Leap Motor, Mazda, Mercedes Benz, MG, Nissan, Omoda-Jaecco, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo. Entre os dous salóns estarán expostos máis de 650 vehículos o que converte a Expourense no maior concesionario do Norte de España durante estas dúas semanas.
Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara á campaña do 2026. En total, participarán 15 empresas representando a 27 marcas que presentarán en total unha trintena de modelos novos en todas as motorizacións existentes na actualidade.
O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes.

Oportunidade
Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.
Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de 15 euros por cada vehículo vendido. Dende que se realiza esta acción que comezou no 2016, xa se teñen achegados máis de 40.000 euros.

Parque móbil
Dende Acauto insisten de novo na necesidade de rexuvenecer o parque móbil da provincia de Ourense, o máis antiguo e España, que na actualidade ten unha idade media de 17 anos, cando a media nacional está en 14,5 anos. No primeiro semestre de 2025 foron vendidos en Ourense 1.710 vehcñiculos novos e 11.142 de ocasión.
Este ano volverá o servizo de ludoteca gratuíto durante toda a fin de semana (venres de 17.00 a 20.30 h.; sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingos de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h).
O horario do 16º Salón do Automóbil será os venres 17 e 25 de outubro de 11.00 a 20.30 h; os sábados 18 e 25 de outubro de 10.00 a 20.30 h, e os domingos 19 a 26 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).