Ponte Vella: un dos lugares máis apreciados polos ourensáns desde fai 24 anos

Este mes o centro comercial está de aniversario.

Desde fai 24 anos o Centro Comercial Ponte Vella forma parte activa dos ourensáns (tanto dos da capital como dos de toda a provincia), ademais dos visitantes que se achegan á nosa provincia e non se queren perder todo o que ofrece.
Como cada outubro, Ponte Vella trae unha morea de actividades. Semanas nas que visitantes, familias e grupos de amigos poderán gozar de obradoiros, exposicións, xogos, espectáculos e moitas sorpresas máis nun ambiente festivo que percorrerá todo o centro.

Actividades
Entre as actividades máis destacadas atópase o Playmobil Sky Trails, un espazo de xogo e construción con figuras e circuítos, situado na segunda planta e dispoñible de xoves a domingo de 17 a 21h. (sábados tamén en horario de mañá de 12 a 14h). Os máis aventureiros poderán mergullarse nos obradoiros Explorania (de 3 a 11 anos), talleres para descubrir a xungla e mundos máxicos, que se celebrarán os venres e sábados pola tarde de 16:30 a 20:30h.
O Club de Ponti tamén está de celebración, xa que cumpre o seu primeiro ano con máis de 1.500 socios. Para conmemoralo, entregarase un agasallo especial: unha foto impresa coa mascota Ponti presente, que ademais celebra o seu terceiro aniversario. Esta actividade desenvolverase do 10 ao 25 de outubro no espazo de obradoiros de luns a sábado de 18 a 20h.
Os máis cativos terán o seu lugar nos talleres infantís, que durante o aniversario amplían o seu horario a toda a semana, e os amantes dos videoxogos poderán gozar do Espazo Gaming, con videoconsolas de última xeración (Nintendo Switch, Switch 2 e PS5) e un novo completo simulador racing na planta baixa. Haberá torneos e estrea de novos videoxogos.
A programación complétase cunha exposición artística dos alumnos da Academia de Arte Simón Muñoz, que poderá visitarse na segunda planta, e un gran show de maxia a cargo do mago Pablo Estévez, que porá o broche final ás celebracións, o sábado 25 ás 19:00 horas.

Compromiso
Con esta ampla proposta de lecer, Ponte Vella reafirma o seu compromiso con Ourense como punto de encontro, entretemento e vida familiar, no que convidan a todos os cidadáns a gozar do seu 24º aniversario nun ambiente cheo de ilusión e diversión. Por que ademais, de todo isto se pode acudir para mercar as últimas tendencias en moda e electrónica, ademais de pasar un rato agradable nos seus cines o nun dos restaurantes cos que conta Centro Comercial Ponte Vella.