Barrios 238

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión, a portada trae a presentación da carreira pedestre popular do San Martiño; a proba decana das populares en Galicia que este ano celebra a súa 48ª edición. As inscricións seguen abertas en carreirasgalegas.com.
Tamén levamo á portada a entrevista de Óscar Dovizoso, director do Ourense Film Festival (OUFF) quen fixo un balance da 30ª edición.

O Plan EDIL mobilizará na cidade preto de 20 millóns de euros en 11 actuacións do proxecto «Ourense verde e conectado».
Durante dúas fins de semana, Expourense acolle o 16ª Salón do vehículo (17 a 19 de outubro) novo e de segunda mano (do 22 ao 24 de outubro).

Despois de seis anos reabriron as Termas da Chavasqueira. O Centro Comercial Ponte Vella celebra o 24 aniversario desde a súa apertura. E o celebra con infinidade de actividades para todas as idades. Xa está en marcha a reforma da locomotora situada ao fronte da estación de tren. A Garda Civil celebrou o 12 de outubro na Comandancia de Santa Mariña.

O Concello de Xinzo rende homenaxe a mozo piloto de motos, Martín Portela, que vén de proclamarse campión de España.
Medio Rural valora a pataca da Limia e louva á muller rural; a conselleira visitou unha explotación de tubérculos en Xinzo de Limia. Renovación de nove rúas, no Barrio de Abaixo.

O OUFF bate récords de asistencia superando as 15.000 persoas que participaron nesta edición. O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) celebra o seu 18ª aniversario do 16 ao 26 de outubro.

Allariz presenta a súa programación de lecer para este outono para a rapazada de 13 a 33 anos. Un vehículo eléctrico para mellorar a biomasa; o concello tamén recibiu varias ferramentas.

A Deputación cede un camión autoescada á Mancomunidade de Celanova; así se responde a unha “histórica demanda”. A Aula CeMIT de Celanova acolle un novo modelo de formación para maiores. Xa se coñecen aos distinguidos deste ano cos premios Rebulir.

Provincia, depores, ocio, clasificados, e moito máis nas páxinas de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha