Barrios 239

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

A portada lévanos ata Celanova, lugar onde se celebrou o último Consello da Xunta presidido por Alfonso Rueda. Tamén contamos que se aprobou unha ampliación de crédito no Concello de Ourense por un montante de 25,7 millóns de euros -o que trouxo unha nova crise no PSOE-. Na DO Monterrei lograron unha vendima de récord ao superar os 8 millóns de uva recollidos. Barbadá premia aos seus mellores pinchos do concurso «Barbadás a bocados». Ademais, entrevistamos a Óscar Dovizoso, director do Ourense Film Festival, quen nos fai un repaso de como foi a 30ª edición.

Xa está todo listo para a «Noite de Medo 2025» que celebra o Concello de Ourense o 31 de outubro, con numerosas actividades e moita música. A Asociación Xuvenil Amencer tamén celebra o Samaín nas instalacións do colexio Salesianos.
Ponte Vella Centro Comercial, organiza un programa cheo de actividades para celebrar o se 24º aniversario.

Está en marcha a campaña de vacinación fronte a covid-19 que se estenderá ata o 31 de decembro; unha campaña piloto chegou a 55 colexios para vacinar vía intranasal a nenos de entre 3 e 11 anos.

O Plan Edil deixa 4,4 millóns de euros en Verín e nove concellos máis. A Festa da Cervexa deixou moi boas sensacións entre os stands e visitantes, con máis de 5.000 persoas que visitaron a festa. O pleno aprobou unha nova captación de auga no manancial de Miñambres. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou a aldea modelo de Infesta, Monterrei, para comprobar os
avances que se están impulsando para a eficiencia enerxética e a restauración e mellora de espazos da zona, cun investimento total que ascende a máis de 1,25 millóns de euros.

Rehabilitacións e renovacións en Barbadás; o Concello ten en marcha varias obras. O pleno extraordinario de Barbadás aproba novas prazas en Educación, Urbanismos e seguridad; ademais, aprobouse un novo convenio de saneamento co Concello de Ourense. Barbadás celebra o Samaín con actividades na contorna da glorieta da familia.

A Subdelegación do Goberno presenta a 41ª edición do concurso da Constitución para escolares que terá a súa gala nun acto no Auditorio de Ourense o vindeiro 6 de decembro.

Ocio, opinión, deportes, provincia, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha