Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Na protada, desta vez traemos o Salón Gastronómico Xantar, que este ano celebra a 26ª edición e se poderá visitar ata o domingo, 23 de novembro. San Cibrao, Barbadás e O Pereiro logran unha axuda para o Plan de Acción Integrado Ourense Sur polo que acometerán obras de mellora para buscar un territorio máis sostible. A AECC de Ourense celebra a décima gala para recadar fondos, o vindeiro sábado, 29 de outubro, no Auditorio de Ourense. A Biblioteca Municipal de Verín, recibe o premio María Moliner de animación á lectura. E detallamos algunhas das actividades que se celebran este mes polo 25N -Día Internacional da Elimiación da Violencia contra a Muller-; por ese motivo pitamos de morado a nosa cabeceira.
Continúa o lío na Praza de Abastos nº1 entre concello e praceiros, aos que se lles une Xunta e Deputación. Juan Carlos Cambas actúa no Liceo este sábado, 22 de novembro. Aprobado o expdiente para contratar as obras de mobilidade vertical na Rampa de Sás (O Couto).
En Verín, da un paso adiante para a humanización da contorna de Santa María a Maior; crearase unha gran zona verde ao arredor desta igrexa. Esther Gómez é a nova presidenta da Asociación de Empresarios de Verín (Aever).
En Barbadás, o pleno pide á Xunta maior finanzamento a asociacións de discapacidade; o concello continúa coa posta a punto de Barbadás e ten en marcha varias obras. Xa están abertas as inscricións para o Campamento de Nadal para a conciliación familiar.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible licitou un contrato de obras para a rehabilitación do firme da autovía A-52, entre os quilómetros 138 e 176. A Xunta firma convenios con 46 concellos, por valor de cinco millóns, para mitigar os danos polos incendios.
Ocio, clasificados, opinión e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha




