Ourense énchese de cor para festexar o Nadal

As actividades lúdicas súmanse ás visitas que farán Papá Noel e os Reis Magos.

Sonaba un grupo tributo a Sabina na Alameda de Ourense, prolegómeno do acendido das luces de Nadal na capital ourensá. Este ano os elexidos para premer o botón, que inauguraban estas datas tan sinaladas, foron catro persoas cegas membros da Fundación ONCE. Marina Vargas, Aída Sáiz, Rubén Rodríguez e Francisco Javier González Sotelo foron os responsables, xunto ao alcalde de Ourense e mebros do Goberno local de realizar este acto tan simbólico e que da comezo a uns días de ilusión e festividade.

Durante o período navideño e ata o 5 de xaneiro sucederanse as actividades de todo tipo. Non faltarán os xa clásicos Mercado e Poboado de Nadal; o Carrusel da praza Maior; o Belén de Arturo Baltar; o Tren Express ou mesmo a Carroza Musical que contará con grupos como Tetas Band, Los Coleguitas, Trío Somozas ou Broken Peach, entre outros. A neve tamén fará acto de presenza na praza Maior para maior ilusión de nenos e maiores.

Papá Noel tampouco faltará ao Nadal ourensá e fará un percorrido co seu séquito o sábado 20 -desde as 19 horas-. Ademais visitará o pobado de Nadal o domingo 21, luns 22 e martes 23 (pola tarde); este mesmo martes 23 acudirá ao Auditorio co seu espectáculo.
O broche de ouro deste Nadal porano os Reis Magos coa súa Cabalgata que será o luns 5 de xaneiro. Chegarán á estación do AVE sobre as 18 horas e percorrerán a cidade ata chegar á praza Maior.

Máis actividades
Pero non só contaremos coa visita de ilustres personaxes, durante estos días o Auditorio contará cun programa que inclúe os espectáculos «La Granja de Zenón», «Reinventio», «O Mago de Oz» ou o «9º Galicia Magic Fest». A música correrá a cargo de Carlos Núñez e Revolution Tour (ABBA).
O martes 30, a praza Maior terá unha sesión de Animación Infantil con Tibu a partir das 19 horas.
O Aninovo comezará coa Festa de Fin de Ano con Kubo Orquestra (01.00h); e pola tarde (19.00 h) o Gran Concerto de Aninovo correrá a cargo de Ruben Simeó -con ágape incluído-.

Deporte
A actividade deportiva tamén estará presente estes días. Aos eventos que acollerá o pavillón dos Deportes, sumáselles dúas citas clásicas de atletismo. Por unha banda o San Silvestre ourensá e, pola outra, a Costiña de Canedo.
A primeira delas pechará o ano polas rúas da capital; terá lugar a partir das 16 horas -a absoluta dará comezo ás 16.30h- con saída e chegada na rúa do Paseo -á altura da Subdelegación de Defensa-. As primeiras zancadas do ano poderán darse na carreira Subida á Costiña de Canedo, que dará comezo ás 12.30 horas.