Organiza talleres infantís, maxia, concertos e moito máis.
Nunha das épocas máis sinaladas do ano, o Centro Comercial Ponte Vella non deixa pasar a ocasión para ofrecer unha ampla programación acorde a todas as idades para que, acudir a Ponte Vella sexa unhas das mellores eleccións tanto para veciños de toda a provincia como para visitantes da mesma.
Desde a súa dirección destacan que esta programación «reforza a aposta do centro por ofrecer actividades variadas e de calidade, capaces de atraer e entreter a veciños e visitantes durante unha das épocas máis especiais do ano». Ademais, o centro abrirá todas as súas tendas os domingos do mes de decembro e o primeiro de xaneiro.
A pista de xeo estará aberta ata o 25 de xaneiro.
-Del 22 de Noviembre al 19 de Diciembre: Lunes a jueves de 17.00 a 20.00 horas y viernes de 17.00 a 22.00 horas. Sábados de 11.00 a 22.00 horas y domingos y festivos de 11.00 a 21.00 horas.
-Del 20 de Diciembre al 7 de Enero: Lunes a domingo de 11.00 a 22.00 horas.
-Del 8 al 25 de Enero: Lunes a jueves de 17.00 a 20.00 horas y viernes de 17.00 a 22.00 horas. Sábados de 11.00 a 22.00 horas, domingos y festivos de 11.00 a 21.00 horas.
–Horarios especiales: 24, 25 y 31 de Diciembre y 1 de Enero.
Visitas
Papá Noel visitará o centro os días 13, 14, 19, 20, 21, 22 e 23 de decembro de 17:00 a 20:00 horas, e o 24 de decembro de 11:00 a 14:00 horas. Pola súa banda, os Reis Magos estarán presentes os días 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas.
Programación
Entre as propostas estrela destaca a pista de xeo, dispoñible ata o 25 de xaneiro, con horarios ampliados durante o período do Nadal.
Os talleres infantís do Club de Ponti celebraranse os venres, sábados, festivos de apertura, vésperas de festivos e durante as vacacións, en horario de 17:30 a 20:30 horas, na planta baixa. A mascota “Ponti” fará aparicións especiais os sábados, de 18:00 a 20:00 horas. O público xuvenil contará tamén cunha Zona Gaming, dispoñible os venres, sábados e días de vacacións de 18:00 a 21:00 horas.
Máis actividades
Despois de realizar coloquios, espectáculos de maxia, concertos, e mesmo un encontro de escritores, a programación continúa o luns 22 ás 12:00 horas, coa actuación del Coro Infantil Universitario “Cuquiños”.
A música continuará co concerto do artista Borja Quintela (voz e guitarra), o martes 23 ás 20:00 horas.
O Torneo Infantil de Xadrez celebrarase o domingo 21 ás 11:00 horas, unha actividade que cada ano reúne a numerosos mozos xogadores. Ademais, o domingo 28 a escola de danza Estilo Libre protagonizará unha serie de flashmobs desde as 11 horas, enchendo de ritmo e ambiente festivo as instalacións.




