O concurso de comparsas e carrozas do Entroido de Xinzo repartirá 3.000 euros en premios

O prazo de inscrición remata o 10 de febreiro.

O concurso de comparsas e carrozas do Entroido de Xinzo repartirá 3.000 euros en premios. Terá lugar o Martes de Entroido, 17 de febreiro, ás 17.00h.

A inscrición realizarse cubrindo o formulario que se poder atopar na web do concello (https://www.xinzodelimia.gal/) no que se recollerán os datos necesarios: número de compoñentes, categoría inscrita, temática, etc.
Para a súa presentación deberá ser enviado ao correo electrónico: entroidodexinzodelimia@gmail.com ou poderase entregar presencialmente na Biblioteca Municipal de Xinzo de Limia (Casa de Cultura), en horario de 10:30 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O prazo de inscrición rematará o 10 de febreiro as 00,00 horas inclusive, non se recollera ningunha solicitude posterior a ese día.
Establécense catro categorías: carrozas, comparsas, grupos de menos de oito compoñentes e unha mención especial (considerase comparsa a un grupo persoas cunha mesma temática para os disfraces cun mínimo de 8 persoas), unha categoría de carrozas (considerase carroza a un grupo de persoas cunha mesma temática para os disfraces que inclúan unha plataforma móbil).

Premios
A dotación total de premios para o Concurso de Disfraces e Carrozas do Entroido 2025 será de 3.000 euros, descontando o IRPF correspondente (19%).
– Dous premios para os mellores grupos de menos de oito compoñentes 1º premio 250 Euros e 2ºpremio 150 Euros
– Dous premios para mellor comparsa 1º Premio 500 Euros e 2º Premio 400 Euros
– Dous premios para mellores carrozas 1º Premio 900 Euros e 2º Premio 800 Euros
– Un premio de mención especial de 100 euros.