Non faltarán, como cada ano, os entroidos de Frei Canedo (A Ponte), Sixalbo e As Eiroás.
O Concello de Ourense presenta a programación do Entroido 2026, cunha morea de actividades para todos os públicos que se desenvolverán do 12 ao 18 de febreiro.
Os concertos da Orquestra Mondragón e King África son dúas das principais propostas musicais, xunto coas actuacións doutras grandes orquestras e grupos, sesións de DJs e a animación diaria de charangas e batucadas polo centro histórico.
O programa ten un ano máis un dos seus eixos centrais no desfile de comparsas e carrozas que percorrerán as rúas da cidade o domingo 15 pola tarde, e rematará o mércores co tradicional Enterro da Sardiña. Así mesmo, haberá concertos e actividades específicas para o público infantil.
Un ano máis, a oferta festiva da cidade refórzase coa programación dos entroidos dos barrios: A Ponte, Seixalbo e As Eiroás
Entroido Ourense
Xoves, 12 de febreiro
• Charanga Felga e Charanga Calíqueños: 20.00 a 23.00 h (Centro histórico).
• Sesión 80’s (DJ Pancho e DJ Gonzalo): 23.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• Sesión DJ A Gramola (con Leticia Sabater, Adri, Diego Mirón e Pablo Marques): 23.59 h (Praza Maior).
• Charanga Tattoo e batucada Vilatuke: 23.00 a 02.00 h (Centro histórico).
Venres, 13 de febreiro
• Charanga Nova Terra de Trives e Charanga Tattoo: 20.00 a 23.00 h (Centro histórico).
• Orquestra Origen: 20.00 a 23.00 h (Praza Maior).
• Saúdo do alcalde: 20.30 h (Praza Maior).
• Charanga Alambique e Charanga Támega: 22.00 a 01.00 h (Centro Histórico).
• Charanga CLK e Batucada Vilatuke: 00.00 a 03.00 h (Centro Histórico).
• Sesión DJ: 00.30 h (Praza do Correxidor).
• Banda Festicultores Troupe: 01.00 h (Praza de Santa Eufemia).
Sábado, 14 de febreiro
• Charanga Calíqueños (Sesión vermú): 12.00 a 15.00 h (Praza Maior).
• Maquillaxe e concerto infantil con Oviravai: 17.00 h (Praza Maior).
• Charanga CLK e Charanga Bandiños Band: 18.00 a 21.00 h (Centro Histórico).
• Trío Somoza: 19.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• Charanga Nova Terra de Trives e Batucada Perqtores: 21.00 a 00.00 h (Centro Histórico).
• Grupo Los Coleguitas: 21.00 h (Praza Maior).
• DJ Pancho e DJ Rocha: 23.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• Sesión DJ A Gramola (con Alexis, Villi e Eric García): 23.59 h (Praza Maior).
• Orquestra Função Públika: 23.59 h (Rúa do Progreso).
• Charanga Alambique, Batucada Vilatuke e Charanga Brexit: 23.30 a 02.30 h (Centro Histórico).
• Sesión DJ: 00.30 h (Praza do Correxidor).
Domingo, 15 de febreiro
• Charanga BCB (Sesión vermú): 12.00 a 15.00 h (Praza Maior).
• Desfile de comparsas e carrozas: 16.30 h (Rúas da cidade).
• Orquestra Kubo: 18.00 h (Rúa do Progreso).
• Entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas: 20.00 h (Rúa do Progreso).
• King África: 20.30 h (Rúa do Progreso).
Luns, 16 de febreiro
• Maquillaxe e concerto infantil con Uxía Lambona: 17.00 h (Praza maior).
• Charanga Bandiños Band e Charanga CLK: 18.00 a 21.00 h (Centro Histórico).
• Grupo Los Coleguitas: 19.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• Charanga Brexit e Charanga Felga: 21.00 a 00.00 h (Centro Histórico).
• Charanga Támega: 21.00 h (Praza Maior).
• Trío Somoza: 21.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• DJ Gonzalo e DJ Rocha: 23.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• Sesión DJ A Gramola (con Groove Amigos, Marcos Gramola e Jennifer Cach): 23.59 h (Rúa do Progreso).
• Orquestra Mondragón: 23.59 h (Praza Maior).
• Charanga Europa, Batucada Tukupá, Charanga Dr. Anchoa e Charanga Sorcha: 23.30 a 02.30 h (Centro Histórico).
• Sesión DJ: 00.30 h (Praza do Correxidor).
Martes, 17 de febreiro
• Charanga Tattoo (Sesión vermú): 12.00 a 15.00 h (Praza Maior).
• Maquillaxe, concerto infantil con DJ Tibu e reparto de caramelos: 17.00 h (Praza de Santa Eufemia).
• Charanga Caliqueños e Charanga Caña Aquí: 17.30 a 19.00 h (Centro Histórico).
• Reparto de Orellas de Entroido: 18.30 h (Praza Maior e xardíns do Bispo Cesáreo).
• Orquestra París de Noia: 19.00 h (Rúa do Progreso).
Mércores, 18 de febreiro
• Enterro da Sardiña (coa Charanga Felga e a Charanga Caña Aquí): 20.00 h (Dende a Praza Maior ata o parque de San Lázaro)
Entroido Frei Canedo
• Xoves 12: Cea de comadres (21.30 h, Carpa do parque de Ribeira de Canedo – disfrace feminino imprescindible) e baile de disfraces (23.00 h).
• Venres 13: Festa DJs coñecidos da cidade e do barrio (A partir das 22.00 h).
• Sábado 14: Pasarrúas (12.00 h), baile infantil (18.00 h), baile con DJ (21.00 h) e Baila coa orquestra La Noria (23.00 h).
• Domingo 15 (Día das Crianzas): Xogos e obradoiro de queixos (11.00 h), sesión vermú (12.00 h), xantar popular (13.30 h), espectáculo infantil (19.30 h) e concerto de Santa Compaña (22.00 h).
• Luns 16 (Día Grande): Pasarrúas (12.00 h), actos solemnes (19.30 h: purificación, sermón e bendición), procesión (20.00 h), premios (21.30 h), cea (22.00 h), música DJ (22.15 h), fogos artificiais (23.55 h) e orquestra Solara (24.00 h).
Entroido Seixalbo
• Domingo 8 (Domingo Oleiro): Recollida de Mecos (16.30 h), pasarrúas, xogo de olas e piñatas (18.00 h), chocolatada e Charanga Tatoo (20.00 h).
• Venres 13 (Día da Rapazada): Pasarrúas (11.00 h), baile na Praza Maior co CEIP de Seixalbo e Charanga Brexit.
• Domingo 15: Sesión Vermú (13.30 h), Gran Cocido Bacanal (14.00 h), baile de máscaras (16.30 h) coa Charanga Dr. Anchoa e orquestra La Oca Band.
• Martes 17: Pasarrúas (16.30 h), pregón (17.30 h), festa das comparsas, orellada (19.00 h), queima dos Mecos (20.00 h) con Charangas Brexit, Sorcha e DJ Deluxe.
Entroido As Eiroás
• Domingo 1: Recepción do Meco e Farelo con Charanga Sorcha (17.00 h).
• Venres 6 e Sábado 7: Obradoiro de pintado de olas (17.00 h), no centro comercial Ponte Vella e local da asociación veciñal, respectivamente.
• Domingo 8: Xogo das Olas con Charanga Alambique (17.00 h).
• Luns 9: Concurso de disfraces no C.C. Ponte Vella.
• Sábado 14: Luscofusco Folión do Entroido con máscaras e música.
• Martes 17: Pasarrúas (11.00 a 13.00 h), Voda da Pita (13.00 h) con Charanga Doctor Anchoa, Xantar dos noivos, baile con orquestra Ocaband, pasarela de disfraces, reparto de orellas e queima do Meco (21.00 h).




