Susana García, voceira do BNG, considera que a dimisión de Áurea Soto chega tarde “pero é imprescindible porque vai haber xuízo”.

Recoñecendo que a concelleira socialista recibiu unha herdanza en materia de urbanismo “complicadísima, García recoñeceu que a súa xestión á fronte desta concellería tivo “bastantes aspectos oscuros”.

Agora, coa súa saída, queda unha concellería de Urbanismo “empantanada, inoperante”, no que salienta a importancia do asunto das asistencias técnicas, tamén xudicializado, “que lle vai traer un custo importante (ao Concello)” e a aprobación do PXOM, que “deixa a medias e vai ter unha complicada xestión porque xa na súa exposición inicial non satisfixo a ninguén”