Relatan tradicións e feitos que contribúen á historia de Galicia e que retratan a realidade a base de retratar o entorno.

A nosa provincia ten presencia maioritaria na sección “Panorama Galicia”, toda vez que sete dos nove traballos que a integran están directamente relacionados con Ourense, circunstancia que consolida a tendencia que xa se vén rexistrando nos últimos anos. Trátase de “Level up”, “A Feira dos Maios”, “Chocolates Caldelas”, “Zamarras negras”, “Sons do Entroido II”, “Homenaxe a José Luis Campo” e “Looking for Bill Viola”. Os alleos á provincia son “Fíos Fóra” (anque unha das entrevistadas é ourensá) e “Luis Bernárdez”, documental de Xan Leira.

“Level Up” aborda o desprazamento que sofren as persoas maiores por parte das novas xeracións. “A festa dos Maios” é un documental que mostra a tradición dos Maios en Ourense. “Chocolates Caldelas” é a historia da fábrica Chocolates Caldelas contada de xeito emotivo e ameno por Dolores e as súas fillas, Rosa e Loli. “Zamarras negras” é un documental que trata a figura do cigarrón, personaxe emblemático do entroido de Verín. “Sons do Entroido II” aborda a festa do Entroido, dende a perspectiva da súa diversidade sonora.  “Homenaje a José Luis Campo Rodicio: Bemposta Colombia” narra a través dunha entrevista a vida de José Luis Campo dende que deixou Parada de Sil ata a actualidade.  “Buscando a Bill Viola” é un proxecto pedagóxico multidisciplinar, desenvolvido no IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova, que explora todas as posibilidades expresivas da linguaxe audiovisual para propor unha reflexión sobre la obra del videoartista estadounidense Bill Viola.