Homenaxe vítimas accidentes tráfico

Nun acto organizado polas asociacións de vítimas: Stop Accidentes e PAT (Asociación de prevención de accidentes de tráfico), o alcalde de Ourense avogou pola educación como clave para inculcar os valores cívicos e de respeto precisos para erradicar e concienciar sobre este problema social.

Máis de un millón e medio de persoas morren cada ano no mundo por causa dos sinistros de tráfico. En España, faleceron nas nosas estradas 1.131 persoas durante o ano 2014. Por iso, este ano o Concello de Ourense súmase á Conmemoración do Día Mundial das Vítimas, que por resolución da ONU, se celebra cada terceiro domingo do mes de novembro o Día en Lembranza das Vítimas de Tráfico.

Nun acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ademáis dos testemuños de vítimas de sinistros de tráfico, participaron tamén alumnos dos centros educativos de Salesianos e Otero Pedrayo. Precisamente, dous alumnos deste centro, Aitana Brea Suárez e Pablo Danta Pérez foron os encargados de ler un manifesto para concienciar sobre esta lacra social. Tal e como explicou o alcalde neste acto, “dende o Concello asumimos que debemos esforzarnos en enviar una mensaxe clara de apoio ás vítimas, e o noso compromiso para implicarnos en tratar de evitar o número de falecidos e feridos que deixan os sinistros viais”.

“E digo sinistros e non accidentes porque coido que esa é a definición correcta, xa que na maioría das veces as causas son evitables. Cando falamos de accidentes, falamos de algo fortuito. Nas vías públicas e ao volante, podemos poñer os medios para previr situación graves”, recalcou o rexedor. “En definitiva: debemos ir todos xuntos da man ante un problema social grave, que ten solución, e esa solución pasa por converter á Seguridade Vial nunha labor de todos.”

Jesús Vázquez fixo unha lembranza expresa ás vítimas: “detrás de cada vítima hai una familia, hai una dor inmensa e un sufrimento que se perpetúa durante toda a vida. As vítimas merecen, merecedes ser escoitadas, transmitir a través de vós a importancia da concienciación. Todos temos que aprender que este problema nos afecta a todos, sen excepcións”, recalcando que un dos colectivos máis vulnerables é o de motoristas e ciclistas: “De ahí que é precisa unha concienciación especial dos conductores do resto de vehículos a motor. A distancia de seguridade nos adiantamentos debe ser unha máxima para todos, do mesmo xeito que os motoristas de ciclistas deben ser conscientes de que as medidas de prevención e visibilidade na estrada son fundamentais para a súa seguridade”.

Finalizou o alcalde a súa intervención recoñecendo “o labor altruista das persoas que estades detrás das asociacións de vítimas: Stop Accidentes e PAT (Asociación de prevención de accidentes de tráfico). O voso traballo incansable, a vosa loita comeza a agromar: un movemento cidadán que conseguiu mudar o concepto de que as vítimas xa non están soas, que conseguiu que as voces das vítimas sexa escoitada”. Ademáis, Jesús Vázquez fixo fincapé proclamando a importancia da Educación: “Sen dúbida, a clave para inculcar os valores cívicos e de respeto precisos para erradicar este problema social. Se a Educación Vial estivese presente en todos os ciclos escolares e en todas as etapas académicas, posiblemente acadaríamos una sociedade máis segura, respetuosa e cívica”.

A conmeoración desta xornada continuou á tarde no parque das Zapatillas, onde se realizou unha ofrenda floral ás vítimas dos accidentes de tráfico e se inaugurou un mural realizado por un artista dografiti en homenaxe e lembranza das vítimas.