Jesús Vázquez

A Comisión de Modernización Participación Cidadá e Calidade ten como obxectivo principal difundir e promover os procesos de modernización, participación cidadá e calidade na Administración Local.

 

A Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) vén de nomear ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, presidente da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade.

A Comisión de Modernización Participación Cidadá e Calidade ten como obxectivo principal difundir e promover os procesos de modernización, participación cidadá e calidade na Administración Local.

Para iso desenvólvense accións de sensibilización, promoción, intercambio e formación da implantación de iniciativas modernizadoras, sistemas de participación e de xestión da calidade nas Administracións Locais, así como colaboración con centros de investigación, universidades, consultoras ou outras administracións, para desenvolver traballos de campo na aplicación e experimentación metodoloxías de modernización e calidade (experiencias piloto) e a súa posterior difusión ao resto de entidades locais.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, manifesta o seu agradecemento por este nomeamento, «que servirá para que dende Ourense aportemos o noso traballo para mellorar entre todos a modernización, participación e calidade na Administración Local e, neste contexto global, para contribuir a mellorar os servizos que lles prestamos aos veciños e veciñas da nosa cidade». Sinala tamén o alcalde que un dos grandes obxectivos do goberno municipal é situar a Ourense como unha cidade amable, accesible e participativa, onde a calidade e a modernidade nos servizos sexa un dos grandes sinais de identidade.