É o trámite inmediatamente previo ao comezo das obras, que suman 311.051 euros.
A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Ourense celebrou este venres unha sesión extraordinaria na que aprobou os plans de seguridade e saúde de seis actuacións de mellora e acondicionamento de prazas e camiños de barrios e perímetro rural da cidade. Os seis proxectos suman un investimento total de 311.051,21 euros, e a súa execución comezará inminentemente, xa que os os plans de seguridade son o paso previo ao inicio da actuación.
Concretamente, as obras ás que se lles dá luz verde por parte da Xunta de Goberno Local son as que seguen: Impermeabilización e reparación do espazo público e do edificio de vivendas emprazado na avenida de Zamora 147 e avenida da Universidad Laboral 2-4, cun importe de 49.012 euros; adecuación da praza de Xesús Somoza Fiúnte, nas Eirasvedras (59,992 euros); adecuación do camiño dos Ponxos (60.000 euros); deseño do muro de contención en Souto Sanín e reposición do viario no terreo afectado (23.319 euros); adecuación do Camiño de Abaixo, no Núcleo Urbano de A Loña (59,295 euros); adecuación das rúas do Eiro, Cega e Pendello, no núcleo urbano de Rairo (59,431 euros).
O importe para estas actuacións aprobouse na Xunta de Goberno local do pasado 13 de novembro.